Hoxe rematamos un proxecto de Voleibol inclusivo en colaboración coas asociacións: Adace, Cogami, Auxilia e Raiolas. Difícil describir a ilusión que todos aportamos e que, creo, fomos quen de transmitir. Hoxe, como colofón a estes meses, nos que dabamos os primerios pasos, contamos coa visita do equipo VoleyIn de Boiro nunha xornada de confraternización. Gracias polo esforzo de vir ata Lugo a xogar connosco e, gracias a Ana Abelleira e a Sonsoles López por facer un oco na súa apretadísima axenda e despedir esta actividade que, confiamos, podamos comenzar, de novo, en Novembro.
31/05/2019
28/05/2019
Candela López Méndez nas xornadas de supervisión da RFEVB
Candela López ( Lugo 2005) formará parte das Xornadas de Supervisión e Control de categorías inferiores da selección española de Voleibol que se celebrarán en Soria dende o venres 31 de maio ao domingo 2 de xuño. O esforzo, a constancia e o traballo sempre dan os seus froitos. Noraboa @candelopezmendez a policanteira no máis alto
26/05/2019
25/05/2019
23/05/2019
Campionato Galego Alevín
Este fin de semana no Pavillón de Calasancias de A Coruña, terá lugar a final do
campionato alevín.Tras 4 campeonatos, as nosas alevíns clasificaronse en
primeira posición mentres que os rapaces, acadaron o cuarto posto. Agora a demostrar neste derradeiro tirón o que valen os #pequenosloitadores