Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

31/08/2019

María Aguiar, moita sorte.

Filed under: Liga Iberdrola — admin @ 11:52

É unha magoa para nós anunciar que MARÍA AGUIAR decide non seguir na disciplina do CV Emevé, para aceptar novos retos laborais. María, grazas pola túa profesionalidade e entrega en toda a túa vida no club; e moita sorte en todo o que fagas, tanto a nivel profesional como persoal.
Nin que dicir ten que esta sempre será a túa casa, porque hai lazos que non rompen xamais e o noso é dos máis fortes.
MOITA SORTE, MARÍA!!! 🍀🍀

30/08/2019

Suerte, Eliana González.

Filed under: Liga Iberdrola — admin @ 15:58

ATA PRONTO😢

Hoxe toca despedir a unha das nosas #loitadoras , Eliana González parte cara a terras afastadas. Desde o clube queremos desexarlle todo o mellor, tanto no profesional como no persoal.
Esperamos que leves tan bos recordos como nos deixas nestes anos; para nos será difícil esquecerte, pero aínda o será máis para @s teus nen@s que tanto te queren.
ELI, SEMPRE #UNHADASNOSAS !!!

Volta ao traballo

Filed under: Liga Iberdrola — admin @ 15:56

ATENCIÓN  REGRESAMOS

Tras o parón estival volve a actividade deportiva ao noso clube.
Tal e como recolle hoxe El Progreso de Lugo , as nosas mozas xa se están exercitando pese a que faltan algunhas por chegar. E os mozos empezarán o próximo 2 de setembro coa súa preparación.
Este ano temos grandes obxectivos polo que a pretempada antóllasenos máis importante que nunca.
IMOS RAPAC@S !!! ESTA TEMPADA É NOSA !!

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies