Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

31/10/2019

Partido SF2. Arenal Emevé- Extremadura Arroyo

Filed under: Liga Iberdrola — admin @ 01:16

Non te perdas o noso próximo partido na SF-2, necesitámoste.
Necesitamos o Municipal cheo de xente para conseguir outra vitoria que nos permita conservar o liderado, que non decaia o ambiente do último partido.
Goza do volei feminino máis atractivo do momento.
TOD@S Ó MUNICIPAL !!!
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S !!!

Irene Yáñez, a nosa «capi» no septeto ideal da SF2.

Filed under: Liga Iberdrola — admin @ 01:15

Esta, sen dúbida, é a semana d@s nos@s centrais. Nesta ocasión en IRENE YAÑEZ «A CAPI» quen entra no «7 Ideal da 4 Xornada» da SF-2.
Desde o comezo da tempada Irene leva sendo unha das máis destacadas en cada partido, encadeando grandes actuacións semana tras semana; pero o destacado papel que tivo no último partido lévaa a ser a mellor central da categoría esta semana.
PARABÉNS IRENE, MERECIDÍSIMO RECOÑECEMENTO !!

Matthew Knigge. Septeto idela SVM.

Filed under: Super Liga Masculina 1 — admin @ 01:14

Por primeira vez esta tempada temos a un dos nosos loitadores no «7 IDEAL DA SUPERLIGA DE VOLEIBOL MASCULINO»,o noso central MATTHEW KNIGGE foi o mellor da pasada xornada na súa posición, o que lle vale para entrar no equipo ideal da semana. Un éxito para Matt, pero tamén para os seus compañeiros de equipo e para toda a xente que o pasado sábado estaba no Municipal levando polo aire ao equipo cara á vitoria e a Matt cara a este merecido recoñecemento.
Estamos seguros de que, se tod@s seguimos con esta intensidade, non será a última vez que os nosos xogadores reciban este recoñecemento.
FELICIDADES MATT, SEGUE ASÍ 👏👏👏👏👏👏

27/10/2019

Victorias en Superliga: SVM e SF2.

Filed under: Liga Iberdrola,Super Liga Masculina 1 — admin @ 12:26

Hoxe en El Progreso de Lugo podes ver as crónicas dos nosos partidos de onte.
A vitoria das nosas mozas de SF-2 contra ARONA TENERIFE SUR e a traballada victoria dos nosos mozos de SVM contra URBIA PALMA VOLEY.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S !!!

25/10/2019

SF2 Arona Tenerife Sur-Arenal Emevé

Filed under: Liga Iberdrola — admin @ 16:58

En Tenerife xa agardan polas nosas loitadoras  Ánimo rapazas, A POR TODAS !!!

23/10/2019

Xornada 26-27 Outubro 2019

Filed under: Liga Iberdrola,Ligas Galegas — admin @ 17:14

SVM. Arenal Emevé-Urbia Voley Palma

Filed under: Super Liga Masculina 1 — admin @ 16:20

O vindeiro sábado 26 ás 17:30 temos unha nova cita no Municipal, nesta ocasión os nosos mozos reciben a Urbia Voley Palma
Queridos amigos Palmesáns , como vedes fixemos un » Master rápido», que están tan de moda, para non equivocarnos co voso xentilicio.
Agora só queda que a pelota comece a voar e a ver quen «palma». 😉😉😉
ARENAL EMEVE, LOITANDO XUNTOS !!!

22/10/2019

Cursos de árbitros e anotadores

Filed under: Novas — admin @ 17:02

A Federación galega de Voleibol, a través do Comité Técnico Galego de Árbitros, convoca a oferta lectiva para a tempada 2019-2020. Os cursos convocados son:

Cursos de Anotador (Acta electrónica e acta manual):
1 de novembro (pdte de confirmar sede)
6 de decembro (pdte de confirmar sede)
4 de xaneiro (pdte de confirmar sede)
Cursos de Xuíz de liña:
1 de novembro (pdte de confirmar sede)
6 de decembro (pdte de confirmar sede)
4 de xaneiro (pdte de confirmar sede)
Curso de Árbitro Territorial B (presencial mais a distancia)
Días 1 de novembro e 6 de decembro
Curso de Territorial A (presencial mais a distancia)
Días 1 de novembro, 6 de decembro e 4 de xaneiro
Curso de Anotador de volei praia:
15 de maio
Curso de árbitro Territorial B de volei praia
15 e 16 de maio
Curso de árbitro Territorial A de Volei praia
15, 16 e 17 de maio

Os interesados terán que enviar o modelo G13-II a conta de arbitros@fgvb.es , como prazo tope 4 días antes do inicio do curso. O pago de taxas do mesmo será aboado, como moi tarde, o día antes do inicio do curso. As sedes publicaranse unha vez se resolvan as solicitudes ou onde por motivos organizativos se beneficie a maior número de participantes.

O custe de cada curso é duración son:

Older Posts »

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies