Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

31/05/2020

Sara Urrea segue no Arenal Emevé na Liga Iberdrola.

Filed under: Liga Iberdrola — admin @ 23:09

SARA URREA (2001) queda!! E seguirá sendo unha das nosas #loitadoras .
Peza crave na consecución do ascenso cunha gran tempada, a pesar dunha inoportuna lesión de nocello que a freou lixeiramente na súa progresión.

Sara está destinada a ser novamente unha peza moi importante do equipo de Superliga, o seu labor na recepción e os seus lategazos na rede farannos vivir grandes momentos no Municipal.
A por todas Sara. ⚔️
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!

30/05/2020

Inma Lavado é loitadora da Liga Iberdrola no Arenal Emevé.

Filed under: Liga Iberdrola — admin @ 11:11

O noso novo proxecto na Superliga Feminina de Voleibol LIGA IBERDROLA empeza a dar os seus primeiros pasos con forza, con garra, con intensidade; todas elas calidades de «A furia extremeña» INMA LAVADO.
Porque Inm
a (Central, 1999) seguirá sendo loitadora .

Tras a gran tempada callada na SF2 chegou a hora de consagrarse na máxima categoría.
A por todo Inma .
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!

Diego Taboada segue sendo adestrador dos Loitadores de Superliga 1.

Filed under: Super Liga Masculina 1 — admin @ 11:02

DIEGO TABOADA será novamente quen dirixa os designios dos nosos #loitadores na Superliga Masculina de Voleibol.
Tras a excelente tempada realizada no noso regreso á máxima categoría, Diego e os seus pupilos aspiran a repetir a xesta, e nesta ocasión poder culminala.
Un ano máis DIEGO TABOADA e o ARENAL EMEVÉ son de SUPERLIGA!!

28/05/2020

Apoio ás víctimas do COVID19.

No ARENAL EMEVÉ queremos estar coas vítimas desta terrible pandemia que quere dezmarnos. Queremos mostrar o noso respecto e apoio a enferm@s e falecid@s, pero tamén aos seus familiares e achegad@s.
Para iso unímonos ao loito oficial de dez días decretado desde o 27 de maio ao 6 de Xuño.

25/05/2020

Arenal Emevé agradece a gran axuda dos patrocinadores.

Filed under: Liga Iberdrola,Super Liga Masculina 1 — admin @ 17:40

POR VÓS ESTAMOS AQUÍ

Detrás do éxito dun pequeno club do noroeste escóndese a clave, o apoio de tantos e tan grandes patrocinadores. Sen este apoio nada disto sería posible, todos sodes imprescindibles e a maior parte deste éxito é voso.
Moitísimas GRAZAS!!
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!

23/05/2020

Arenal Emevé a toda páxina en El Progreso.

Filed under: Liga Iberdrola,Super Liga Masculina 1 — admin @ 16:03

🥂 POR VÓS 🥂

Os soños son moito máis fáciles de conseguir cando vas da man de alguén que che axuda a superar calquera adversidade que te atopes no camiño, e cando por fin o alcanzas non hai sensación máis agradable que celebralo con quen che axudou a conseguilo.
Grazas ArenalPerfumerías por tendernos a vosa man, imprescindible para chegar aquí.
Agora toca seguir da man festexando e visualizando novos soños.
ARENAL EMEVÉ, UN SOÑO FEITO REALIDADE!!

 

22/05/2020

ARENAL EMEVÉ é de Superliga 1 por partida dobre.

Filed under: Liga Iberdrola,Super Liga Masculina 1 — admin @ 11:27

Por fin é oficial, o ARENAL EMEVÉ é de SUPERLIGA por partida dobre.
Tras confirmarse o ascenso das nosas #loitadoras á máxima categoría, convertémonos no único club de Voleibol de España con representación en Superliga Masculina e Feminina.
Este estraño feito é un éxito, non só de xogadores e xogadoras, senón tamén de soci@s e afeccionad@s, administracións e patrocinadores; a tod@s GRAZAS.
E grazas moi especialmente a ArenalPerfumerías , sen cuxo apoio isto non sería posible; xa que nos deu o impulso necesario para dar un salto cualitativo, non só a nivel planteis senón a nivel club.
Agora toca gozar do momento, sentir que por fin tocamos as estrelas e que o noso soño, o soño de tod@s xa é realidade.
ARENAL EMEVÉ, SIIIIIIIIIIIÍ 💪💪💪

18/05/2020

Arenal Emevé coa carreira virtual da Cruz Vermella Española

Filed under: Novas — admin @ 16:19

CARREIRA SOLIDARIA C.V.E.

Desde o CLUB VOLEIBOL ARENAL EMEVE unímonos ao desafío de CRUZ VERMELLA ESPAÑOLA e alentámosvos a participar na «I CARREIRA VIRTUAL A FAVOR DA CRUZ VERMELLA»
🏐🏃🤸🏋🏻
#Únete ao desafío 🙌🏻 #YomeactivoCRE
📲 Inscricións> https://bit.ly/2YCNSed

Older Posts »

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies