Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

27/12/2020

Arenal Emevé, presenta: Athanasia Liagki

Filed under: Liga Iberdrola,Novas — admin @ 21:59

ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
«Arenal Emevé: Athanasia Liagki»
ARGUMENTO: Cando a Liga Iberdrola se converteu nunha loita entre Deuses e Deusas do volei, un pequeno equipo do noroeste de España, confía na chegada dunha Deusa grega.
Esta última incorporación ao elenco de estrelas do equipo supoñerá unha auténtica revolución, e Athanasia convertirase na auténtica heroína do último tramo da liga.
Serias capaz de adiviñar o título real desta película???
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

23/12/2020

Lucía Prol: EXPEDENTE X

Filed under: Liga Iberdrola,Novas — admin @ 21:54

Esta semana, na Nave do Misterio, Iker Jiménez aborda o insólito caso de Lucía Prol. A pesar de ser a Mellor Atacante, Máxima Anotadora e segunda Mellor Sacadora desta xornada da Liga Iberdrola, non consegue entrar no 7 Ideal da Xornada.
Non vos perdades cómo, os máis grandes expertos do mundo, tentan dar algo de luz a tan insólito feito.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

20/12/2020

Fichaxe de Athanasia Liagki

Filed under: Liga Iberdrola,Novas — admin @ 22:43

ATHANASIA LIAGKI (Oposta, 1995) reforzará ao noso equipo de #loitadoras no seu afán de alcanzar o obxectivo de continuar na liga Iberdrola.
Tras desenvolver a súa carreira nos mellores equipos do seu país e unha aventura en terras francesas, a xogadora grega ficha polo noso club coa intención de achegar o máximo e seguir medrando ás ordes de Jose Valle.
Esperámoste cos brazos abertos.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

O Arenal Emevé SVM non xogará a Copa do Rei

Filed under: Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 18:11

A falta de Copa…
Tras o desgusto que supón a nosa non clasificación para esta edición de Copa, toca repoñerse e aproveitar o tempo.
Que mellor forma de ocupar este descanso que gozando da ampla oferta da hostalería lucense. Un sector que sempre nos apoia e neste momento necesita que sexamos nós os que o apoiemos.
Sempre con sentidiño e respectando todas as medidas anticovid, animámosvos a gozar dos mellores bares e restaurantes do universo (presuntamente).
ARENAL EMEVÉ, DA COPA ÁS CAÑAS

Nosa particular versión do meme del momento: «ganasdevolveraveros»

Filed under: Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 18:07

16/12/2020

CANTEIRA TV EMEVÉ: RETRANSMISIÓNS

Filed under: Ligas Galegas — admin @ 23:41

Chega unha nova fin de semana para a nosa #policanteira. Unha nova fin de semana para gozar das habilidades do noso ben máis prezado, a nosa fábrica de estrelas.
Lembra que podes seguir os seus encontros a través da conta de Facebook «Canteira TV EMEVE».
ARENAL EMEVÉ, A CANTEIRA Ó PODER

 

15/12/2020

Día 15: Día de Miguel Paradela

Filed under: Ligas Galegas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 23:44

12/12/2020

Sábado 12 Decembro. Xogamos!!

Filed under: Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 16:37

Hoxe o Municipal debe volver ser nosa principal arma. O voso apoio será clave para loitar pola vitoria neste durísimo partido.
Se non tedes a sorte de poder velo «in situ», lembrámosvos que podedes seguir o Streaming, na nosa canle de Youtube, nas direccion que vos indicamos. Novo formato, novos ángulos, máis cámaras… con LECER Audiovisual .
E sobre todo, agora e sempre, no deporte e na vida, CABECIÑA!!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
🔴🔵🏐💪

⬇⬇⬇ STREAMING ⬇⬇⬇
https://youtu.be/T6M278wAw1I

Older Posts »

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies