𝐄𝐍𝐓𝐑𝐀𝐃𝐀 𝐍𝐎 𝟕 𝐈𝐃𝐄𝐀𝐋
MARTA OTERO, «𝘔á𝘪𝘴 𝘔𝘢𝘳𝘵𝘢 𝘖𝘵𝘦𝘳𝘰 𝘲𝘶𝘦 𝘯𝘶𝘯𝘤𝘢», cóase no equipo ideal da xornada por méritos propios.
Un gran encontro de Marta en recepción onde acabou entre as mellores, pero tamén en ataque, converténdose nunha das máximas anotadoras.
Repítese a receita do éxito: gran partido, vitoria e 7 ideal.
Tamén excepcional o papel de Lucía Prol, novamente una das mellores atacantes, e do resto do equipo que rendeu a un altísimo nivel.
𝔾ℝ𝔸ℕ𝔻𝔼𝕊, 𝔾ℝ𝔸ℕ𝔻𝔼𝕊, 𝔾ℝ𝔸ℕ𝔻𝔼𝕊 !!
31/01/2021
Marta Otero no septeto ideal.
28/01/2021
EMEVÉ NEWSCRÓNICA POST-PARTIDO Que partidazo vivimos onte!! Puro espectáculo do que fai afección.
Unha pena que se escapase a vitoria, pero o esforzo das nosas #loitadoras deu como froito un puntiño que pode ser de ouro.
Enormes mozas!!! Se seguides por este camiño seredes imparables.
Podes ler a crónica completa no Progreso de Lugo, o teu diario de sempre.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
26/01/2021
Mércores 27 xaneiro: Arenal Emevé SVF-CV Kiele Socuéllamos
MÉRCORES 27 XANEIRO
Pavillón Municipal de Deportes
20:00 LIGA IBERDROLA
CV KIELE SOCUÉLLAMOS
Novo partido entre semana, nova oportunidade para gozar do mellor voley do momento cas nosas loitadoras.
Debido á complicada situación sanitaria pola que estamos a pasar, e atendendo ás novas normas decretadas pola Xunta de Galicia, o partido disputarase a PORTA PECHADA.
Pero lembra, podes velo por Streaming na nosa páxina de YouTube grazas ás excepcionais retransmisións de Lecer Audiovisual, a mellor calidade de imaxe, os mellores ángulos…pincha aquí para acceder ao enlace.
Goza das nosas campioas desde a comodidade do teu fogar.
25/01/2021
Lucía Prol MVP e Inma e Sara Urrea no septeto ideal.
Levaba tempo merecéndoo e por fin o conseguiu.
A súa actuación no partido frente a Cajasol, onde non deixou de fusilar as liñas inimigas en busca dun punto tras outro, é merecedora deste recoñecemento.
Ataque, saque, bloqueo, recepción… Lucía brillou en todas as facetas do xogo, contaxiando ao resto das súas compañeiras, o que as levou a realizar un precioso partido e unha remontada impresionante.
Parabens Lucía!! Parabens mozas!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Arenal Emevé SVF, copando estatísticas.
COPANDO ESTATÍSTICAS
Unha xornada máis, en case todas as estatísticas do xogo, predominan as cores do ARENAL EMEVÉ.>Lucía Prol, Inma Lavado e Sara Urrea repártense os distintos apartados, tras un completo partido tanto individual como colectivo. Ademais as tres entran a formar parte do equipo ideal de unha xornada para o recordo.
Qué orgullo ver como o duro traballo diario dá os seus froitos, seguide así campioas.
loitadoras Rules!!!>ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
23/01/2021
Domingo 24 xaneiro. SVF Cajasol Dos Hermanas-Arenal Emevé
Cajasol Vóley Dos Hermanas ARENAL EMEVÉ
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
Arenal Emevé SVM: Copando estadísticas.
COPANDO ESTATÍSTICAS
Difícil atopar un aspecto do xogo no que non destacase un dos nosos loitadores.
Esta semana, entre Brandon Rattray, Chema Giménez e Víctor Bouza, repartíronse os lugares máis destacados das estatísticas de xogo.
Reflexo dun gran partido de equipo, onde todos achegaron para a consecución dunha importantísima vitoria.
Que grandes sodes mozos!! Parabens!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
20/01/2021
SVM Arenal Emevé-UBE L’Illa Grau. Hoxe día 20 de xaneiro
Hoxe o Municipal debe volver ser nosa principal arma. O voso apoio será clave para loitar pola vitoria neste duro partido.
Se non tedes a sorte de poder velo «in situ», lembrámosvos que podedes seguir o Streaming, na nosa canle de Youtube, nas direccion que vos indicamos. Novo formato, novos ángulos, máis cámaras… con LECER Audiovisual.
E sobre todo, agora e sempre, no deporte e na vida, CABECIÑA!!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA