𝐂𝐀𝐌𝐏𝐄𝐎𝐍𝐀𝐓𝐎 𝐃𝐄 𝐄𝐒𝐏𝐀Ñ𝐀 𝐕𝐎𝐋𝐄𝐈𝐁𝐎𝐋 𝐀𝐋𝐄𝐕𝐈𝐍 𝐅𝐄𝐌𝐄𝐍𝐈𝐍𝐎
Enorme papel das Campionas Gallegas no Campionato de España.
𝐂𝐀𝐌𝐏𝐄𝐎𝐍𝐀𝐓𝐎 𝐃𝐄 𝐄𝐒𝐏𝐀Ñ𝐀 𝐕𝐎𝐋𝐄𝐈𝐁𝐎𝐋 𝐀𝐋𝐄𝐕𝐈𝐍 𝐅𝐄𝐌𝐄𝐍𝐈𝐍𝐎
Enorme papel das Campionas Gallegas no Campionato de España.
𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐕𝐢𝐥𝐥𝐚𝐫, seguirá medrando no seu equipo de sempre.
O colocador lucense afronta o seu quinto ano no primeiro equipo do club que o viu nacer como deportista.
Unha nova tempada na máxima categoría na que Pablo, ademais de achegar a súa calidade e bo facer dentro da pista, personificará o nexo de unión entre a canteira e o plantel de Superliga.
𝐋𝐮𝐜𝐚 𝐁𝐢𝐥𝐢𝐚𝐭𝐨 | 1993 |
O oposto Italiano convértese en #loitador.
Tras centrar a súa ampla carreira en equipos insulares ( Guaguas, 7 Illas, Eivissa), afronta agora a súa primeira experiencia peninsular.
Gran reforzo para un equipo que promete facernos vibrar novamente na máxima categoría.
𝘽𝙞𝙚𝙣𝙫𝙚𝙣𝙞𝙙𝙤 𝙖 𝙩𝙪𝙖 𝙘𝙖𝙨𝙖 𝙇𝙪𝙘𝙖!!!
𝐕í𝐜𝐭𝐨𝐫 𝐁𝐨𝐮𝐳𝐚 seguirá poñendo o candado na recepción dos #loitadores.
Coa renovación de Víctor non só se renova a un dos mellores receptores da Superliga, senón que se renova a un estandarte deste club, un xogador que rebosa o espírito do Arenal Emevé por cada un dos seus poros.
Empezamos unha nova campaña de descubrimento das futuras estrelas da #policanteira cunhas xornadas de portas abertas nas inmellorables instalacións do Seminario a partir de hoxe, mércores día 2 e ata o día 23, os mércores e os venres:
– Anos 𝟐𝟎𝟏𝟕, 𝟐𝟎𝟏𝟔, 𝟐𝟎𝟏𝟓 e 𝟐𝟎𝟏𝟒 de 𝟏𝟕:𝟎𝟎 a 𝟏𝟕:𝟓𝟎
– Anos 𝟐𝟎𝟏𝟑, 𝟐𝟎𝟏𝟐 e 𝟐𝟎𝟏𝟏 de 𝟏𝟕:𝟓𝟎 a 𝟏𝟖:𝟒𝟎
– Anos 𝟐𝟎𝟏𝟎 – 𝟐𝟎𝟎𝟗 de 𝟏𝟖:𝟒𝟎 a 𝟏𝟗:𝟑𝟎
Tanto se queres dedicarte ao volei, ou sinxelamente buscas unha actividade sa e divertida, esperámoste cos brazos abertos.
Se ves engancharate !!!
Contactos con nós nas nosas RRSS ou no tlf do Club ☎600406299
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕𝐄, 𝐀 𝐂𝐀𝐍𝐓𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐏𝐎𝐑 𝐁𝐀𝐍𝐃𝐄𝐈𝐑𝐀
Powered by WordPress