A tarde soñada

A TARDE SOÑADA
Sen dúbida a tarde de onte é das que dan sentido ao esforzo e ao traballo realizado toda a tempada, e ano tras ano por tod@s @s que pertencemos á familia Arenal Emevé, desde patrocinadores, directivos, adestradores, xogadores e xogadoras, traballadores e voluntarios do club, ata os sufridos pais e nais, e @s nos@s peques (noso maior tesouro).
Unha tarde onde vivimos a emoción de ver desfilar o noso futuro, onde xogamos e gañamos dous espectaculares partidos de volei, onde nos deixamos contaxiar pola festa e onde sentimos máis unidos que nunca. Hoxe, máis que de resultados, toca falar de sentimentos. Os futuros resultados serán mellores ou peores, pero sabemos que sempre estaredes aí.
Desde o club queremos darvos as grazas a tod@s por propiciar e participar deste gran ambiente.
SEN VÓS NADA TERÍA SENTIDO

Compartir en redes sociales

Una Respuesta a “A tarde soñada”

Trackbacks/Pingbacks

  1. […] Enlace con la noticia original: A tarde soñada […]


Categorías

Archivos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies