Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

13/11/2014

PREVIOS SVM Y SLF

Filed under: Novas — Etiquetas: , , , — admin @ 22:19

O EQUIPO LUCENSE EMEVE RECIBE AO FAVORITO

Este sábado, 15 de novembro, ás seis da tarde terá lugar o encontro entre o C.V. Emeve e o CAI Teruel, correspondente á sexta xornada da Superliga Masculina, que se celebrará no Pavillón Municipal de Lugo, tras a presentación oficial dos equipos do C.V.Emeve.SLM-WEB
Nesta ocasión os lucenses enfrontaranse ao, de momento, terceiro clasificado da táboa, pero que se perfila como o equipo favorito para gañar a Copa e a liga. Os xogadores do Emeve intentarán facer un bo xogo e que a xente goce co partido. A tempada pasada os partidos disputados contra o conxunto de Teruel foron disputados, tanto na ida coma na volta, e este ano intentarán facer o mesmo.

O CAI Teruel ten gran facilidade en todas as accións do xogo e a única forma de competir contra el, segundo indica o adestrador dos lucenses, Diego Campelo, «é apertar no saque, estar ben en bloqueo e a partir de aí intentar defender bólas».
Este partido tamén se poderá ver en streaming a través da páxina da federación española: http://directos.rfevb.com/

[hr]

O EMEVE BUSCA OS SEUS PRIMEIROS PUNTOS NO ENCONTRO DESTE SÁBADO

Este sábado ás 20 horas xógase no Pavillón Municipal de Lugo o encontro entre o C.V. Emeve e o Haro Rioja Voley, correspondente á sexta xornada da Superliga Feminina. Para as lucenses este partido preséntase como unha oportunidade para estrear a cuadrícula tanto en sets coma en posible obtención de puntos.SLF-WEB
O equipo de La Rioja non coñeceu a vitoria ata o pasado fin de semana e estreáronse, nada menos, contra Avarca Menorca, gañándoo por un relativamente cómodo 3-1. O conxunto de Haroreestruturouse practicamente este ano, aínda que non por iso deixa de ser un equipo importante, as xogadoras que foi incorporando teñen calidade, pero faltaralles adaptarse. Cabe recordar que este equipo, non hai moito, conseguía alzarse con todos os títulos en xogo na máxima categoría nacional, pero todas as xogadoras que compoñían esa escuadra foron emigrando a outros equipos da máxima categoría nacional, entre elas a nosa veterana Pepo Garrido.

O equipo local espera dar un pasito máis na súa traxectoria desta tempada e disputar un partido no que conseguir ese primeiro set que parece resistirse ás lucenses. Para o adestrador do Emeve,José Valle, lograr ese set será unha motivación para as mozas xogadores lucenses, estivemos moi preto de gañar un set en tres dos catro partidos xogados e, aínda que en si non representa moito, talvez para as xogadoras sexa a oportunidade de quitar esa lousa e soltarse un pouco máis á hora de xogar».
Para este partido son dubidosas a Kaithlyn Skinner, que no adestramento do pasado sábado a ao mañá sufriu unha escordadura nun dos seus cóbados e Pepo Garrido por motivos laborais, aínda que o resto das xogadoras poñerán todo o seu empeño en suplilas coas mellores garantías posibles.

12/11/2014

ENCONTROS FIN DE SEMANA DO 16 DE NOVEMBRO

PARTIDOS DO FIN DE SEMANA DO 15 Y 16 DE NOVEMBRO EN LIGAS NACIONAIS E AUTONÓMICAS

LOCAL VISITANTE DIA – HORA PAVILLÓN
SLM EMEVÉ CAI TERUEL SÁBADO – 18:00 PAVILLÓN MUNICIPAL
SLF EMEVÉ HARO RIOJA VOLEY SÁBADO – 20:00 PAVILLÓN MUNICIPAL
2ªA F EMEVÉ CALASANCIAS CORUÑA DOMINGO 13:00 CASA DO DEPORTE  LUGO
2ªB F EMEVÉ CALASANCIAS CORUÑA DOMINGO 13:00 CASA DO DEPORTE  LUGO
LGJM EMEVÉ CALASANCIAS CORUÑA DOMINGO 13:00 CASA DO DEPORTE LUGO
LGJF EMEVÉ CALASANCIAS CORUÑA DOMINGO 10:00 CASA DO DEPORTE LUGO
LGCM EMEVÉ CALASANCIAS CORUÑA DOMINGO 11:30 CASA DO DEPORTE  LUGO
LGCF EMEVÉ CALASANCIAS CORUÑA DOMINGO 11:30 CASA DO DEPORTE LUGO
LGIM EMEVÉ CALASANCIAS CORUÑA DOMINGO 10:00 CASA DO DEPORTE LUGO
LGIF EMEVÉ CALASANCIAS CORUÑA DOMINGO 10:00 CASA DO DEPORTE  LUGO

 

NOTA* RECORDA QUE PODES CONSULTAR  TODOS OS RESULTADOS ACCEDENDO Á PÁXINA DESTA WEB ·COMPETICIÓNS»

03/11/2014

JUAN DÍAZ ROMERAL MVP DA CUARTA XORNADA DE SLM

Filed under: Novas — Etiquetas: — admin @ 18:50

MVP DA CUARTA XORNADA

romeral_2014_2015_nov_rfevb

Foto Web Rfevb

O xogador de Emevé, Juan Díaz-Romeral foi designado MVP da cuarta xornada de Superliga masculina. O atacante levou o seu equipo a conseguir a súa primeira vitoria en competición cunha destacada actuación ofensiva, no choque que lle enfrontou a UBEL’illa Grau.

svm04

O oposto da escuadra galega converteuse en mellor atacante e máximo anotador da xornada grazas aos seus 30 puntos en catro sets, que foron fundamentais no triunfo do seu equipo. E é queJuan Díaz-Romeral completou unha brillante actuación ofensiva, certificada en 30 puntos, 26 deles en ataque, cun 49% de eficacia ofensiva, ademais de 2 bloqueos e 2 aces que non só serviron para que o conxunto lucense inaugurase a súa cuadrícula de vitorias senón tamén para outorgarlle o MVP da xornada.

 

 

Se queres acceder á noticia completa pica aquí

 

01/11/2014

PREVIOS SUPERLIGAS

Filed under: Novas — Etiquetas: , , , — admin @ 17:28

O EMEVE MASCULINO BUSCA A PRIMEIRA VITORIA DA TEMPADA FRONTE AOL’ILLA GRAU DE CASTELLÓ

O sábado espérase un encontro cun bo nivel de xogo e competidoSLM WEB
O Pavillón Municipal de Lugo acolle este sábado ás 18 horas o encontro correspondente á cuarta xornada da Superliga Masculina de voleibol, na que se enfrontarán o equipo local, C.V. Emeve e oC.V. L’Illa Grau de Castelló. Seguidamente, serán as rapazas doEmevé, participantes na Superliga Feminina, as que disputen a súa cuarta xornada fronte ao equipo tinerfeño.
Este encontro espérase disputado, xa que os de Castelló a tempada pasada realizaron unha boa primeira volta e quedaron na táboa xusto por enriba do equipo lucense. O ano pasado os lucenses gañaron na casa e perderon o encontro disputado en Castelló, así que polo menos esperan que este sábado se volva repetir a vitoria e ofrecer un bo nivel de xogo.
Os de Castelló contan con xogadores que forman un bloque moi potente, a pesar de perder o seu xogador «oposto», Hernández, que fichou por Unicaja. Ao igual que os lucenses teñen un bo xogo cos centrais, por iso o equipo do Emeve espera poder despregar o seu xogo, que é o máis importante, e poder encontrarse como equipo que, en palabras do seu adestrador, Diego Taboada, «aínda lles custa un pouco».

O EQUIPO LUCENSE EMEVE FEMININO ENFRÓNTASE NA CASA A UN HISTÓRICO DO VÓLEY ESPAÑOL

O equipo galego espera seguir a súa progresión no xogo para loitar pola permanenciaSLF WEB
O C.V. Emeve enfróntase este sábado ao C.V. Aguere de la Laguna(Tenerife), no encontro correspondente á cuarta xornada da Superliga feminina, que terá lugar no Pavillón Municipal de Lugo ás 20 horas, tras finalizar o encontro do equipo masculino.

Unha xornada máis as rapazas do Emeve deberán disputar un duro encontro na casa fronte a un dos equipos históricos do voleibol español. Para o adestrador lucense, José Valle, «este é un fin de semana importante, para subir un chanzo máis na nosa progresión. Ademais espero que xogando na casa, onde adoitamos render un pouquiño mellor, teñamos a opción de disputar todos os sets e, mesmo o partido».
O equipo canario reforzouse esta tempada coa incorporación de dúas centrais senegalesas e a colocadora Marte Fraile, que vén do equipo de Navarra. Nos primeiros encontros de liga logrou dúas importantes vitorias fronte ao equipo veciño de Ibsa Canarias e oExtremadura Regueiro, aínda que, ao igual que as lucenses, perderon fronte o Avarca Menorca, que como sinalou no seu momento o adestrador lucense, é un rival moi a ter en conta para poder entrar no play off.
Loita continua pola permanencia
O equipo local, o Emeve, vai mellorando pouco a pouco, aínda que sen vitorias polo momento, se van asentando na categoría, encontro tras encontro e esperan que este traballo se vexa reflectido no seu obxectivo para esta tempada, que é a permanencia. No partido do pasado fin de semana fixeron un primeiro set bastante completo fronte ao Miranda, pero despois foron perdendo consistencia no segundo e terceiro, xa que segundoJosé Valle «seguimos tendo problemas coa nosa contundencia á hora de finalizar os puntos», contundencia que esperan ter no encontro deste sábado.

26/10/2014

RESULTADOS E CLASIFICACIÓN SVM E SLF TRAS A 3ª XORNADA.

Filed under: Novas — Etiquetas: , — admin @ 20:00

Superliga Masculina Clasificación

 

 Resultados de la jornada
Electrocash CCPH – Ushuaïa Ibiza Voley 1 – 3 (28-26/22-25/20-25/18-25/0-0)
Fundación Cajasol Juvasa Voley – Emevé 3 – 0 (25-18/25-23/25-13/0-0/0-0)
UBE L,Illa Grau – Río Duero San José 3 – 1 (18-25/25-17/25-17/25-21/0-0)
Vecindario ACE Gran Canaria – CDV Textil Santanderina 3 – 0 (25-22/25-22/25-14/0-0/0-0)
CAI Teruel – Unicaja Almería 2 – 3 (23-25/25-18/20-25/25-19/9-15)

Clasificación

 

Equipo Ptos J G3 G2 P1 P0 PS SF SC PF PC
Unicaja Almería 8 3 2 1 0 0 0 9 2 252 201
Fundación Cajasol Juvasa Voley 6 3 2 0 0 1 0 6 3 205 188
Río Duero San José 6 3 2 0 0 1 0 7 4 250 237
Ushuaïa Ibiza Voley 6 3 2 0 0 1 0 7 5 287 268
Electrocash CCPH 5 3 1 1 0 1 0 7 6 296 272
CAI Teruel 4 2 1 0 1 0 0 5 3 177 146
UBE L,Illa Grau 4 3 1 0 1 1 0 5 7 245 256
Vecindario ACE Gran Canaria 3 2 1 0 0 1 0 3 3 124 133
CDV Textil Santanderina 2 3 0 1 0 2 0 3 8 218 253
Emevé 1 3 0 0 1 2 0 3 9 236 283
VP Madrid 0 2 0 0 0 2 0 1 6 118 171

Próximos encuentros

01/11/2014 19:00 Unicaja Almería – VP Madrid Pabellón Moisés Ruiz
01/11/2014 18:30 CDV Textil Santanderina – CAI Teruel PM Matilde la Torre
01/11/2014 19:15 Río Duero San José – Vecindario ACE Gran Canaria Pabellón Polideportivo de Los Pajaritos
01/11/2014 18:00 Emevé – UBE L,Illa Grau Pabellón Municipal
01/11/2014 19:00 Ushuaïa Ibiza Voley – Fundación Cajasol Juvasa Voley Polideportivo de «Es Viver»

 

Superliga Femenina Clasificación

 

Resultados de la jornada

 

Atlantic Holding – Emevé 3 – 0 (25-23/25-13/25-11/0-0/0-0)
C.V. Aguere – Avarca de Menorca 0 – 3 (22-25/19-25/15-25/0-0/0-0)
GH Leadernet Navarcable – Extremadura Arroyo 3 – 0 (25-13/25-19/25-22/0-0/0-0)
Haro Rioja Voley – IBSA CV ACE Gran Canaria 2 – 3 (17-25/21-25/25-23/25-19/9-15)
Feel Volley Alcobendas – CVB Barça 0 – 3 (19-25/16-25/18-25/0-0/0-0)
UCAM Voley Murcia – Naturhouse Ciudad de Logroño 0 – 3 (13-25/15-25/17-25/0-0/0-0)

 

 

Clasificación

 

Equipo Ptos J G3 G2 P1 P0 PS SF SC PF PC
Naturhouse Ciudad de Logroño 9 3 3 0 0 0 0 9 0 225 139
GH Leadernet Navarcable 9 3 3 0 0 0 0 9 0 225 167
Avarca de Menorca 9 3 3 0 0 0 0 9 1 248 187
CVB Barça 6 3 2 0 0 1 0 6 3 217 195
C.V. Aguere 5 3 1 1 0 1 0 6 6 250 273
Atlantic Holding 4 3 1 0 1 1 0 6 6 276 256
Extremadura Arroyo 4 3 1 0 1 1 0 5 6 243 249
UCAM Voley Murcia 3 3 0 1 1 1 0 5 8 258 291
IBSA CV ACE Gran Canaria 2 3 0 1 0 2 0 4 8 244 263
Feel Volley Alcobendas 2 3 0 1 0 2 0 3 8 209 252
Haro Rioja Voley 1 3 0 0 1 2 0 2 9 205 261
Emevé 0 3 0 0 0 3 0 0 9 161 228

 

 

 

 

 

24/10/2014

PREVIA SVM

Filed under: Novas — Etiquetas: , — admin @ 18:01

O EMEVE DESPRÁZASE A SEVILLA CON BOAS ESPECTATIVAS PARA A VITORIA

O próximo domingo, día 26, ás 12 horas disputarase no Pavillón deLos Montecillos, na cidade de Dúas Irmás (Sevilla) o encontro correspondente á terceira xornada da Superliga Masculina de Voleibol (SVM), no que o EMEVE de Lugo se enfronta ao Fundación Cajasol Juvasa.

Os lucenses enfrontaranse a un equipo que para a presente tempada se renovou completamente, con xogadores moi novos, que basea, principalmente o seu xogo, no «oposto» e nos dous «receptores». Ademais, os sevillanos contan o seu favor coas instalacións nas que se disputará este encontro, moi diferentes ás que habitualmente utiliza o Emevé. En Sevilla encontraranse cun pavillón moi estreito e co teito moi baixo, pero os de Lugo deberán adaptarse ás circunstancias e intentar gañar este partido.
O adestrador lucense, Diego Taboada, ve con optimismo este encontro, sinala que «esta xornada nos enfrontaremos a un rival directo, que ao igual que nós está completamente renovado e ao que esperamos gañar se facemos o noso xogo».

21/10/2014

SVM OS MELLORES DA SEGUNDA XORNADA

Filed under: Novas — Etiquetas: — admin @ 22:38

BORIS ENTRE OS MELLORES DA SEGUNDA XORNADA EN SVM

 

boris_word_press_agosto_2014

 

svm02

 

 

para máis información pincha aquí

 

 

17/10/2014

PREVIO DO PARTIDO 2º XORNADA SUPERLIGA MASCULINO

Filed under: Novas — Etiquetas: — admin @ 00:31

O EMEVE XOGA ESTE SÁBADO EN LUGO CONTRA O COMPLICADO USHÜAIA VOLEIBOL DE EIVISSA.

O sábado, 18 de outubro, ás 18 horas celebrarase no Pavillón Municipal de Lugo, o encontro correspondente á segunda xornada da Superliga Masculina (SVM), entre o Emevé lucense e o Ushüaia Voleyde Eivissa.

O equipo lucense enfróntase este sábado a un dos equipos máis fortes da liga nacional de voleibol másculino. O equipo de Eivissa conseguiu o subcampionato da copa do Rei e o terceiro posto da liga a tempada pasada. Entre os xogadores dos visitantes destaca o «oposto» Nicolas Ronchi, que a xornada pasada foi nomeado como mellor xogador da xornada. Tamén conta cun novo «colocador», que vén do equipo campión da liga pasada e substitúe un referente neste posto, Xavi Folguera, que fichou pola Andorra.
O Emevé sabe que terá que mostrar o seu mellor xogo para arreporlle ao Ushüaia, un equipo complicado, que en palabras do adestrador lucense, Diego Campelo, «é un equipo vainos custar moito xogar contra eles, o ano pasado foi case o equipo que máis dano nos fixo e que peor puidemos plantalo cara».
As bazas do equipo local son xogar na casa e o novo equipo co que contan este ano.

« Newer PostsOlder Posts »

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies