VIVINDO UN SOÑO

Levantarse un domingo cun sorriso na cara coa sensación de ter soñado cunha tarde de sábado espectacular, onde as nosas mozas de SF-2 gañaban o seu partido en Torrelavega e os nosos mozos de SVM facían o propio en Manacor; e logo mentres almorzas lendo El Progreso de Lugo darte conta de que non foi un soño, é a pura realidade e debemos gozala.
Aínda que a vitoria das nosas #loitadoras parecía máis factible, desde a distancia Manacor parecía un muro infranqueable para os nosos #loitadores , pero eles sabían que podían facelo e lográrono, conseguiron a súa terceira vitoria consecutiva.
Desde hai 30 anos o 9 de Novembro coñecíase pola caída do muro de Berlín, desde agora para nós, a familia do Arenal Emevé, será o día que caeu o muro de Manacor.
POR SEGUIR VIVINDO O NOSO SOÑO
POL@S DERRUBA-MUROS

Compartir en redes sociales

Una Respuesta a “VIVINDO UN SOÑO”

Trackbacks/Pingbacks

  1. […] Enlace con la noticia original: VIVINDO UN SOÑO […]


Dejar un Comentario

You must be logged in to post a comment.

Categorías

Archivos

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies