Volve o mellor volei ao Municipal co Trofeo Internacional Xunta de Galicia de Voleibol Feminino.
Esta mañá tivo lugar a presentación coa presenza de Javier Arias Fouz Delegado da Xunta de Galicia en Lugo e Manuel Otero “Cadramón” Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia.
O Trofeo, que celebra xa a súa cuarta edición e consolidouse como un referente na pretemporada do volei español, enfrontará ás nosas #Loitadoras ao SC Braga portugués o vindeiro sábado 14 de Setembro ás 12:00 no Pavillón Municipal.
Non vos perdades a posta de longo dun equipo que promete darnos moitas alegrías.
Esperámosvos a tod@s!!



Pingback: Volve o mellor volei ao Municipal – Deporte Galicia