Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

28/06/2019

Rubén López segue no Emevé.

Filed under: Super Liga Masculina 1 — admin @ 18:40

RUBÉN LÓPEZ (1999) , probablemente o home máis rápido da historia en pasar de non coñecer o Voley a xogar en Superliga, debutará esta tempada na máxima categoría do Voley nacional co club que o descubriu e o viu medrar como xogador durante a pasada tempada.
Non nos cabe dúbida de que o Central saberá sacar partido aos seus máis de 2 metros e estará e a altura da competición, sendo unha das pezas craves do equipo.
CÓMO TE QUEREMOS RUBENCIÑO!!!

26/06/2019

Luis Linares ficha por el Emevé de SVM.

Filed under: Super Liga Masculina 1 — admin @ 23:56

LUÍS LINARES (1995) chega a Lugo procedente de Vigo, previa escala dun ano en Las Palmas. A ponte aérea Vigo-Lugo vía Canarias está moi concorrida nos últimos días xa que antes de Luís chegou Sara Urrea polo mesmo roteiro.🤔
O vigués é un Central resolutivo con ampla experiencia en SVM onde debutou en 2013. A pasada tempada alcanzou, xunto ao seu equipo, a 7° posición na máxima categoría.
En fin, un reforzo de luxo que nos fai medrar como equipo.
DESEXANDO VERTE EN ACCIÓN, LUIS!!!

25/06/2019

Sarra Urrea ficha polo Emevé.

Filed under: Liga Iberdrola — admin @ 16:29

SARA URREA @saraurrea_ (2001), mocidade, ilusión e calidade, acepta o reto do Emevé e incorpórase ao noso plantel para reforzar o posto de Receptora. Sara conta, a pesar da súa mocidade, cunha ampla experiencia deportiva, tanto a nivel de clubs como coa Selección Española. Coa Selección disputou Torneos e Competicións Europeas. A nivel club xa é Subcampioa de Superliga, Subcampioa da Copa da Raíña e Subcampioa da Supercopa, ademais de participar en competición Europea a pasada tempada co seu anterior club.
BENVIDA SARA !!!

24/06/2019

Mario Dovale, renovado.

Filed under: Super Liga Masculina 1 — admin @ 23:08

MARIO DOVALE , Líbero (1998) seguirá connosco a próxima tempada na Superliga Masculina. Internacional nas Categorías de Base da Selección Española e membro da Concentración Permanente da Selección será unha peza importante do noso plantel e axudaranos a alcanzar os nosos obxectivos esta tempada.
GRANDE MARIO!!!

23/06/2019

O equipo alevín feminino, oitavas no Cto España

Filed under: Alevíns,Campionatos de España — admin @ 20:29

🏆CAMPIONATO🏆
Finalizamos a nosa andadura no Campionato de España Alevín Feminino con un grandioso oitavo posto despois de perder en cuartos nun partido moi axustado que puido caer para calquer lado.
FELICIDADES CAMPIONAS!!!!!

Laura Villasante, se queda en el Emevé.

Filed under: Liga Iberdrola — admin @ 20:27

Unha das grandes estrelas da pasada tempada na Liga Iberdrola seguirá connosco a próxima tempada na SF-2. LAURA VILLASANTE @lauvicos QUÉDASE!!! Integrante dun dos equipos do All Star e unha das mellores xogadoras da Superliga.
Seguirá connosco unha tempada máis reforzando a súa aposta polo proxecto do Emevé.
GRAZAS LAURA, QUERÉMOSTE!!!

Inma Lavado, al Emevé.

Filed under: Liga Iberdrola — admin @ 20:25

A pesar de que en Lugo non hai Perrunillas, Breas ou Cachuelas, INMA LAVADO (1999) demostrou non ser Lambuza e virá gozar da nosa gastronomía.
A central extremeña chega ao noso club coa garantía de entrar habitualmente no septeto ideal da SF-2 a pasada tempada, sendo a mellor atacante e mellor bloqueadora en varias ocasións. Sen dúbida unha fichaxe de luxo que nos fará medrar como equipo.
Bravo Inma, Bravo!!!

17/06/2019

Matthew Knigge, fichaxe do Emevé SVM.

Filed under: Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 22:28

Empezamos esta nova semana con forza. Directamente de EEUU, chega ao noso club MATTHEW KNIGGE (1996). O poderoso Central americano, cos seus 202 cm, chega para reforzar unha posición crave.
Xogador de gran envergadura, gran potencia de salto e remate poderoso.
Puro espectáculo este ano no Municipal.
GO MATTHEW, GO !!!

Older Posts »

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies