Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

29/09/2019

Arenal Emevé, campión da XXXVII Copa Galicia.

Filed under: Super Liga Masculina 1 — admin @ 11:30

Campións da Copa Galicia!!!
Vitoria na XXXVIII Copa Galicia Masculina de Voleibol!!! Grazas a tod@ s polo apoio!!!
ARENAL EMEVÉ, CAMPIÓNS DE COPA !!

26/09/2019

Campaña de Socio/as 2019-2020.

FAITE SOCIO DE FORMA MÁIS FÁCIL Atendendo ás vosas demandas articulamos un novo método para facervos socios, especialmente pensado para aquel@s que viven fóra de Lugo, aínda que tamén será unha gran ferramenta para facilitar o proceso a quenes vivides na cidade.
Desde xa, podedes descargar o impreso na nosa páxina web cvemeve.com/socios/ .
Só teneis que entrar, ir ao apartado de socios e picar no tipo de abono que quereis facer: Socio individual, Socio Familiar ou Socio de terceira idade (para @s moz@s de máis de 65 anos).
Unha vez cuberto o impreso envíao ao mail correo@cvemeve.com e nós encargarémonos do resto.
ARENAL EMEVE, LOITA CON NÓS !!!

22/09/2019

Victorias nos dous torneos: SF2 e SVM

Filed under: Liga Iberdrola,Super Liga Masculina 1 — admin @ 20:32

Fin de semana de vitorias para @s nos@s #loitadores e #loitadoras .
As nosas mozas impuxéronse a Voleibol RGCC no partido celebrado onte no Municipal, e que resultou moi igualado e entretido.
Os mozos, pola súa banda, adxudicáronse o XVII Trofeo Concello de San Sadurniño, impoñéndose no primeiro partido a Boiro Voleibol e gañado a final ó Club Deportivo Aldebarán San Sadurniño , que se impuxera ó Club Voley Dumbría SM 2 no seu primeiro partido.
Grazas ó Concello de San Sadurniño e o clube polo gran Trofeo que organizaron e polo excelente trato recibido. 👏👏👏👏👏
ARENAL EMEVE, LOITANDO XUNT@S !!!

20/09/2019

Trofeo Concello de San Sadurniño

Filed under: Super Liga Masculina 1 — admin @ 16:09

Mañá sábado 21 os nosos rapaces estarán no XVII Trofeo Concello de San Sadurniño de Volei.
Debutaremos ás 10:30 VS Boiro Voleibol .
Na outra semifinal enfróntanse Club Deportivo Aldebarán San Sadurniño VS Club Voley Dumbría SM2 ás 12:30.
Partido polo 3° e 4° posto ás 16:30 e a gran final, na que esperamos estar 🤞, ás 18:30.
Todos os partidos disputaranse no Pavillón Municipal.
Grazas ao Concello de San Sadurniño por contar connosco.
ARENAL EMEVE, LOITANDO XUNTOS !!

19/09/2019

Campaña de socios.

CAMPAÑA DE SOCIOS 19/20
Moit@s preguntabádesnos, sabemos que o estabades desexando.
Pois xa está aquí, xa podedes facervos soci@s do #arenalemeve.
Poderás gozar dun deporte de elite sen mollarte, sen pasar frío e cun ambiente inigualable, por un módico prezo:
– Abono familiar: 50€
– Abono individual: 30€
– Entrada NON SOCIOS: 5€ por partido
QUE NON, QUE NON É UNHA ERRATA. Estes son os prezos reais porque querémoste a ti, non ao teu diñeiro.
Ademais o abono dáche dereito a ver os partidos de SVM e SF-2.
APROVEITA QUE NOS VOLVEMOS TOL@S!!!
Para facilitar o trámite habilitamos tres lugares onde poder facer o teu abono:
– Oficinas do club: Luns a venres de 16:00 a 20:00
– Poli dos Institutos: Mércores e venres de 17:00 a 20:15
– Xoiería Honorio: Luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00
ARENAL EMEVÉ, LOITA CON NÓS !!!

Guillermo Avendaño segue no Emevé.

Filed under: Super Liga Masculina 1 — admin @ 14:45

GUILLE AVENDAÑO (1994) seguirá con nós unha tempada máis.
Acepta o reto de xogar en SVM, completando así un plantel que se ve con ganas de loitar por todo esta campaña. Sen dúbida Guille é a guinda perfecta para este pastel.
IMOS GUILLE, UN GRAN ANO ESPÉRATE !!

15/09/2019

Arenal Emevé SVM gaña o 4º trofeo Concello de Dumbría

Filed under: Super Liga Masculina 1 — admin @ 18:11

Grandes os nosos mozos gañando o 4° Torneo Concello de Dumbría disputado onte.
Tras vencer a Boiro Voleibol na semifinal, plantámonos na final contra os anfitrións Club Voley Dumbría SM2 , onde os nosos #loitadores lograron unha traballada vitoria.
No partido polo 3° e 4° posto impúxose Voley Textil Santanderina, polo que as posicións finais do Torneo foron:
1° Club Voleibol Emevé
2° Club Voley Dumbría SM2
3° Voley Textil Santanderina
4° Boiro Voleibol
Grazas aos nosos amigos de Dumbría pola invitación e por organizar un gran Torneo.
ARENAL EMEVE, LOITA CON NÓS !!

14/09/2019

Arenal Emevé SF2 gaña a CV Zalaeta.

Filed under: Liga Iberdrola — admin @ 18:11

Sábado 14 ás 12:00 no Pavillón Municipal xogouse un partido de pretemporada que nos enfrontou a CVZalaeta .
Partido moi disputado e entretido que se decantou cara ao noso lado no último set
(26-24 25-20 24-26 14-25 15-12)
Tivemos oportunidade de ver como van evolucionando nosas #loitadoras e como se van axustando as novas fichaxes, a sensación é que imos polo bo camiño.
Grazas ás nosas compañeiras de Zalaeta, e boa viaxe de regreso.
ARENAL EMEVÉ, LOITA CON NÓS !!!

Older Posts »

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies