⚠️ÚLTIMA NOTICIA DO ANO⚠️
Candela López Mendez oficialmente estará no Torneo Internacional Wevza U17 Feminino de Portugal e debutará oficialmente como internacional con ESPAÑA!!!!!!!!!!!
O torneo, que terá lugar entre o 7 e o 11 de Xaneiro, terá a súa sede en Viana do Castelo; polo que nos colle moi preto aos amantes do volei de calidade, ao que estamos afeitos por estas terras.
Candela é unha das doce elixidas entre as compoñentes da Concentración Permanente da Selección Española en Soria e tod@s esperamos con gran expectación o seu debut.
Como diría o pai da seleccionada:
«Isto recentemente empeza. OURO!!»
IMOS CANDE, ESTAMOS CONTIGO!!
31/12/2019
Candela López Méndez
El Progreso e Arenal Emevé: Campioas Copa España Infantil N2 e Marta Otero
No último día do ano non podiamos faltar entre as noticias do diario El Progreso de Lugo.
Nesta ocasión fanse eco da fichaxe de Marta Otero e da proeza das nosas Infantís na Copa de España de Voleibol.
De todos os xeitos non deixedes de estar atent@s ás nosas RRSS, nunca se sabe en que momento saltará unha nova noticia.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!
30/12/2019
Arenal Emevé campionas Copa España 2019 Grupo N2
CAMPIOAS, CAMPIOAS, OÉ, OÉ, OÉ
As nosas #loitadoras acaban de proclamarse Campioas da Copa de España na categoría de Infantil Feminino N2.
Despois dun campionato impoluto plantáronse hoxe na Final co convencemento de gañala e así foi. Sen dúbida a visita que recibiron onte da súa ex-adestradora, Eliana, deulles máis forza e ánimo para alcanzar este gran éxito.
Sodes moi grande mozas, grazas por todo o esforzo depregado durante toda a competición.
ARENAL EMEVÉ, GOZANDO XUNT@S!
Copa España 2019. Os loitadores do Arenal Emevé
Os pequenos loitadores do Arenal Emevé, conseguiron o posto 14 de 27 na Copa España 2019. Orgullosos de vós, da vosa entrega e do voso xogo.
Marta Otero súmase ao proxecto Arenal Emevé.
MARTA OTERO ÚNESE Ó ARENAL EMEVÉ
Nova incorporación á familia Arenal Emevé, nesta ocasión é MARTA OTERO a que liga o seu futuro ao do noso club.
Dúas veces campioa galega (2018 e 2019) cos seus dous campionatos de españa correspondentes e partícipe en tres CESA coa selección galega. Leva no programa da federación española desde 2017 con dúas WEVZA en 2019 e 2018, dous anos na Concentración Permanente da Selección Española (tempadas 18/19 e 19/20).
Internacional sub-18 e sub-19.
A súa ampla carreira como deportista é inversamente proporcional á súa curta idade.
Sen dúbida unha fichaxe de altura cunha grandísima proxección.
MARTA, BENVIDA Á FAMILIA !!
29/12/2019
Festa HQR Pontevedra 2019
26/12/2019
Premios Galicia á xestión deportiva: Arenal Perfumerías.
Nestas datas nas que a memoria se nos enche de recordos, non podemos esquecer o pasado 9 de Outubro.
Nesa data celebráronse os «PREMIOS GALICIA Á XESTIÓN DEPORTIVA», onde o noso patrocinador Arenal Perfumerías se alzou co premio ao «Mellor Patrocinio Deportivo».
Sen dúbida un merecidísimo premio que reflicte o bo facer da empresa, tamén neste aspecto.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!