Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

29/06/2020

O oposto de UCLA, Brandon Rattray ao Arenal Emevé.

Filed under: Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 16:37

Directamente da prestixosa UCLA chega o noso novo #loitador, BRANDON RATTRAY.
Brandon (1998) é un oposto moi atletico, cun potente salto e un brazo declarado como arma de destrución masiva, que unido ós seus case 2 metros de altura, fan del un xogador con gran capacidade anotadora e un novo puntal para a nosa muralla.
Benvido Brandon, este non só será o teu club; desde xa esta é a túa casa e formas parte da gran familia do Arenal Emevé.
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!

28/06/2020

Arenal Emevé coa igualdade.

Filed under: Novas — admin @ 13:59

25/06/2020

Chema Giménez, segue sendo loitador do Arenal Emevé.

Filed under: Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 17:02

CHEMA GIMÉNEZ, renova para afrontar a súa cuarta campaña co ARENAL EMEVÉ.
Tras a excelente tempada pasada, onde encadeou incribles actuacións, Chema está destinado a ser unha das pezas craves para conseguir os nosos obxectivos nesta nova edición da Superliga Masculina.
IMOS ACHO, A POR TODAS!!

Unha tempada de película para o Arenal Emevé.

Filed under: Liga Iberdrola,Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 16:51

Unha nova tempada está a chegar…
Vale perder?
ARENAL EMEVÉ PRESENTA:
UNHA TEMPADA DE PELÍCULA!!

Pepo Garrido, a estrela do Volei será a fisioterapeuta do Arenal Emevé,

Filed under: Liga Iberdrola,Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 00:28

MARÍA JOSÉ «PEPO» GARRIDO (Folgoso do Caurel) incorpórase como fisioterapeuta ao ARENAL EMEVÉ.
Cunha ampla traxectoria ás súas costas, Pepo é unha incorporación de luxo para o staff do noso club.
Iniciou a súa vida deportiva como xogadora de volei neste mesmo club, desde onde deu o salto a outros clubs de Superliga encadeando innumerables tempadas de éxitos.
Estes éxitos levárona tamén á Selección Española, onde debutou en 1999, con apenas 17 anos. Pepo foi unha das «culpables» da clasificación da Selección Española para disputar o seu primeiro Campionato de Europa.
Tras gañalo todo con capitá de Haro Rioxa, e tras unha grave lesión, decide volver ao noso club antes de terminar a súa carreira deportiva; compaxinando o seu labor nas pistas co seu traballo como fisioterapeuta no Ensino.
Pepo é, ademáis, a fisio da Selección Española Feminina de Voleibol. E agora @s nos@s #loitadores e #loitadoras poderán gozar dos seus coidados.
Benvida á túa casa, Pepo!!!
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!

22/06/2020

Inés Rivas, renovada.

Filed under: Liga Iberdrola — admin @ 16:16

INÉS RIVAS (1998) afrontará a súa segunda tempada connosco coa ilusión de xogar na Superliga Feminina e o reto de alcanzar a ansiada permanencia. Sen dúbida, Inés será peza crave para conseguir este reto colectivo. Xogadora de equipo achega tanto dentro como fóra da pista.

Duro Inés, a por todas!!!!
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!

21/06/2020

O poder da nosa doble Muralla: A de Lugo e a do Arenal Emevé.

Filed under: Super Liga Masculina 1 — admin @ 21:56

O PODER DA MURALLA

O mellor elemento defensivo ante os ataques inimigos sempre foron as murallas, e en Lugo temos dúas das mellores.
A Muralla Romana, cunha lonxitude de 2266 metros, coroada por 85 poderosas torres, delimita o centro histórico.
E a muralla do Arenal Emevé, que conta con tres impresionantes torres (IAGO FOLGUEIRA, 197cm – RUBÉN LÓPEZ, 202cm – UCHENNA OFOHA, 205cm) para defender os 10 metros de anchura dunha rede de 2,43 metros de altura, e que delimita os nosos dominios das terras inimigas.
Esta tempada promete duelos de altura na rede, e acudimos a eles coa seguridade de acudir coas mellores tropas.
ARENAL EMEVÉ, SUPER-TEMPADA DE PELÍCULA!!

20/06/2020

Coloquios na fase V.

Filed under: Novas — admin @ 16:33

Hoxe a nosa Presidenta, Bibí Bouza, participará en «Coloquios na Fase V» que se emitirá un directo na canle de Youtube de Comunidade Voley: https://t.co/BARKqf4BZ2

Se queres coñecer as últimas novidades do voleibol, tanto nas pistas como nos despachos, non podes perdelo.

Older Posts »

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies