28/07/2020
O colocador lucense, Pablo Villar segue no Arenal Emevé.
23/07/2020
Audrey Alford. Súmase ao Arenal Emevé.
22/07/2020
El Progreso e o Arenal Emevé
Miguel Paradela e Candela López nas Xornadas de tecnificación da RFEVB
Nova convocatoria para as Concentracións de Tecnificación de Voleibol da RFEVB, e novamente con presenza d@s nos@s canteiráns entre @s convocad@s.
CANDELA LÓPEZ e MIGUEL PARADELA estarán na devandita Concentración, que terá lugar en Guadalajara do 26 de Xullo ao 9 de Agosto. Ambos, con contrastada experiencia nas Categorías inferiores da Selección Española, son xa habituais neste tipo de citas.
Unha paréntese nas súas vacacións que, sen dúbida, farán con gusto para seguir crecendo neste deporte.
Parabén a ambos!!
ARENAL EMEVÉ, MEDRANDO XUNT@S
20/07/2020
AVES DE PRESA: ESTAMOS Á ESPREITA
Nunha tempada de cinema, como a que nos espera, está película manteranos enganchados ata o final.
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
«Aves de presa: seguimos á espreita».
Un grupo de xogadoras de volei ven como un virus apocalíptico paraliza o mundo e lles impide cumprir o seu soño, ser Campioas de España Xuvenís, nunha tempada na que sentían preparadas e tiñan moitas opcións.
Lonxe de abandonar, o grupo loita, adestra e esfórzase para volver ao seu obxectivo a próxima tempada.
Unha historia de decepción e superación individual e colectiva, ¿cal será o final?
Non o perdas!!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
19/07/2020
JUAN VILLAR EN LUGO DEPORTE
A revista Lugo Deporte, revista especializada no deporte local, volve facerse eco da realidade do Arenal Emevé. Nesta ocasión cunha entrevista ao noso Director Deportivo, Juan Villar, na cal fala do proceso de elaboración dos planteis desta próxima tempada, na que ambos os equipos militarán na máxima categoría.
Non vos perdades a entrevista, e se queredes estar decatados de todo o deporte local non deixedes de ler LugoDeporte.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA
16/07/2020
Animad@s con Total Sport
14/07/2020
Mario Dovale saúdanos dende Guadalajara.
MARIO DOVALE envía un afectuoso saúdo a toda a familia do ARENAL EMEVÉ, desde a Concentración que a Selección Española de Voleibol está a levar a cabo en Guadalaxara.
Imos RedLinxes, a por todas!!
Imos Mario!!