Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

20/06/2021

CEAF Arenal Emevé en Valladolid. Posto 7. Top 10 de España.

Filed under: Alevíns,Campionatos de España — admin @ 22:56

𝐂𝐀𝐌𝐏𝐄𝐎𝐍𝐀𝐓𝐎 𝐃𝐄 𝐄𝐒𝐏𝐀Ñ𝐀 𝐕𝐎𝐋𝐄𝐈𝐁𝐎𝐋 𝐀𝐋𝐄𝐕𝐈𝐍 𝐅𝐄𝐌𝐄𝐍𝐈𝐍𝐎

Enorme papel das Campionas Gallegas no Campionato de España.

Volvemos de Valladolid cun grandioso 7° lugar, cunha gran experiencia e coa seguridade de que este grupo vainos deparar moitos anos de bon voleibol e grandes éxitos para o futuro.
𝐆𝐫𝐚𝐧𝐝𝐞𝐬!! 𝐂𝐚𝐦𝐩i𝐨𝐧𝐚𝐬!

 

18/06/2021

Pablo Villar,segue no Arenal Emevé.

Filed under: Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 16:41


𝐏𝐚𝐛𝐥𝐨 𝐕𝐢𝐥𝐥𝐚𝐫, seguirá medrando no seu equipo de sempre.
O colocador lucense afronta o seu quinto ano no primeiro equipo do club que o viu nacer como deportista.
Unha nova tempada na máxima categoría na que Pablo, ademais de achegar a súa calidade e bo facer dentro da pista, personificará o nexo de unión entre a canteira e o plantel de Superliga.

07/06/2021

Luca Biliato, incorpórase ao Arenal Emevé.

Filed under: Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 19:15

𝐋𝐮𝐜𝐚 𝐁𝐢𝐥𝐢𝐚𝐭𝐨 | 1993 |
O oposto Italiano convértese en #loitador.
Tras centrar a súa ampla carreira en equipos insulares ( Guaguas, 7 Illas, Eivissa), afronta agora a súa primeira experiencia peninsular.
Gran reforzo para un equipo que promete facernos vibrar novamente na máxima categoría.
𝘽𝙞𝙚𝙣𝙫𝙚𝙣𝙞𝙙𝙤 𝙖 𝙩𝙪𝙖 𝙘𝙖𝙨𝙖 𝙇𝙪𝙘𝙖!!!

𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕𝐄, 𝐀 𝐒𝐔𝐏𝐄𝐑𝐋𝐈𝐆𝐀 𝐃𝐀 𝐗𝐔𝐒𝐓𝐈𝐙𝐀

 

04/06/2021

Víctor Bouza, unha tempada máis no Arenal Emevé.

Filed under: Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 14:15

 𝐕í𝐜𝐭𝐨𝐫 𝐁𝐨𝐮𝐳𝐚 seguirá poñendo o candado na recepción dos #loitadores.
Coa renovación de Víctor non só se renova a un dos mellores receptores da Superliga, senón que se renova a un estandarte deste club, un xogador que rebosa o espírito do Arenal Emevé por cada un dos seus poros.

Sen dúbida, unha esperada e grandiosa noticia para toda a familia do voleibol lucense.
𝘼 𝙥𝙤𝙧 𝙩𝙤𝙙𝙖𝙨 𝙑𝙞𝙘𝙩𝙤𝙧!!
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕𝐄, 𝐀 𝐒𝐔𝐏𝐄𝐑𝐋𝐈𝐆𝐀 𝐃𝐀 𝐗𝐔𝐒𝐓𝐈𝐙𝐀

03/06/2021

Portas abertas. Ven probar ó Voleibol. Xuño 2021

Filed under: Alevíns,Benxamíns,Liga Zonal (Poli),Novas — admin @ 14:42


Empezamos unha nova campaña de descubrimento das futuras estrelas da #policanteira cunhas xornadas de portas abertas nas inmellorables instalacións do Seminario a partir de hoxe, mércores día 2 e ata o día 23, os mércores e os venres:
– Anos 𝟐𝟎𝟏𝟕, 𝟐𝟎𝟏𝟔, 𝟐𝟎𝟏𝟓 e 𝟐𝟎𝟏𝟒 de 𝟏𝟕:𝟎𝟎 a 𝟏𝟕:𝟓𝟎
– Anos 𝟐𝟎𝟏𝟑, 𝟐𝟎𝟏𝟐 e 𝟐𝟎𝟏𝟏 de 𝟏𝟕:𝟓𝟎 a 𝟏𝟖:𝟒𝟎
– Anos 𝟐𝟎𝟏𝟎 – 𝟐𝟎𝟎𝟗 de 𝟏𝟖:𝟒𝟎 a 𝟏𝟗:𝟑𝟎

Tanto se queres dedicarte ao volei, ou sinxelamente buscas unha actividade sa e divertida, esperámoste cos brazos abertos.
Se ves engancharate !!!

Contactos con nós nas nosas RRSS ou no tlf do Club ☎600406299

𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕𝐄, 𝐀 𝐂𝐀𝐍𝐓𝐄𝐈𝐑𝐀 𝐏𝐎𝐑 𝐁𝐀𝐍𝐃𝐄𝐈𝐑𝐀

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies