Laura Villasante, se queda en el Emevé.

Unha das grandes estrelas da pasada tempada na Liga Iberdrola seguirá connosco a próxima tempada na SF-2. LAURA VILLASANTE @lauvicos QUÉDASE!!! Integrante dun dos equipos do All Star e unha das mellores xogadoras da Superliga.
Seguirá connosco unha tempada máis reforzando a súa aposta polo proxecto do Emevé.
GRAZAS LAURA, QUERÉMOSTE!!!

Inma Lavado, al Emevé.

A pesar de que en Lugo non hai Perrunillas, Breas ou Cachuelas, INMA LAVADO (1999) demostrou non ser Lambuza e virá gozar da nosa gastronomía.
A central extremeña chega ao noso club coa garantía de entrar habitualmente no septeto ideal da SF-2 a pasada tempada, sendo a mellor atacante e mellor bloqueadora en varias ocasións. Sen dúbida unha fichaxe de luxo que nos fará medrar como equipo.
Bravo Inma, Bravo!!!

Matthew Knigge, fichaxe do Emevé SVM.

Empezamos esta nova semana con forza. Directamente de EEUU, chega ao noso club MATTHEW KNIGGE (1996). O poderoso Central americano, cos seus 202 cm, chega para reforzar unha posición crave.
Xogador de gran envergadura, gran potencia de salto e remate poderoso.
Puro espectáculo este ano no Municipal.
GO MATTHEW, GO !!!