Adiós Volei Praia, ola Volei pista.

Primeira fin de semana de Setembro e é hora de despedirnos do volei praia e volver pensar nas pistas. Pero non queremos facelo sen agradecer @s #loitadoras e #loitadores que levaron o nome do Arenal Emevé polos areais galegos e que posicionaron ao noso club entre os grandes do circuíto estival nas súas respectivas categorías.
GRAZAS A TOD@S!! SODES ENORMES!!

Lidia Figueira e María Bouza no CEVP Sub-19.


As nosas  loitadoras Lidia Figueira e María Bouza están a pelexar no Campionato de España Sub19 de Volei Praia coa Selección Galega. 𝙑𝙖𝙢𝙤𝙨 𝘾𝙖𝙢𝙥𝙞𝙤𝙖𝙨!!
Nuestras #loitadoras Lidia Figueira y María Bouza están peleando en el Campeonato de España Sub19 de Volei Playa con la Selección Gallega.
𝙑𝙖𝙢𝙤𝙨 𝘾𝙖𝙢𝙥𝙚𝙤𝙣𝙖𝙨!!

Cto de España U15 Volei Praia.

Comeza o Campionato de España de Voley Praia en Ėzaro, onde o noso Club estará representado polo Equipo Infantil Feminino (Sara Fernández, Candela Fernández, Uxía García e Uxía Cela).
Aínda que o día amenceu fresco e nubrado, as nosas mozas prometen subir a temperatura co seu xogo e tentarán alcanzar o sol, en forma de medalla de ouro. Gracias,  Juan Carlos polo moito que fixexhes para que isto fose posible.
IMOS MOZAS, A POR TODAS !!!!

Cto España Volei Praia Infantil: Candela F, Sara F, Uxía G. e Uxía C.

O noso equipo Infantil de Voley Praia (Sara Fernández, Candela Fernández, Uxía García e Uxía Cela) clasificado para o Campionato de España en Ėzaro. Para nos isto representa un gran éxito xa que é unha modalidade non habitual no Club, moito máis centrado en pista.
Grazas ao esforzo destas mozas e dos seus adestradores ábrese un novo horizonte para o Emevé.