Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

28/07/2020

O colocador lucense, Pablo Villar segue no Arenal Emevé.

Filed under: Super Liga Masculina 1,Xuvenil Masculino — admin @ 15:48
PABLO VILLAR (Colocador, 2002) seguirá unha tempada máis no noso primeiro plantel de Superliga Masculina.
Unha tempada na que, o colocador lucense, seguirá medrando como xogador ata converterse nun dos actores principais desta liga.
Espéranos un gran ano, Pablo!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

23/07/2020

Audrey Alford. Súmase ao Arenal Emevé.

Filed under: Liga Iberdrola — admin @ 15:59

AUDREY ALFORD (U.S.A., 1996) chega ao noso club para reforzar o posto de Colocadora.
Tras o seu exitoso paso polos equipos de volei das Universidades de Oklahoma e Míchigan State, chega agora a Lugo para facerse un oco no noso equipo de Superliga.
Colocadora cunha incrible visión de xogo, capaz de dar moitos puntos ás súas compañeiras en calquera posición de ataque, e cunha alta eficacia de bloqueo e unha gran defensa, fan dela unha xogadora que nos dará grandes momentos e fará mellorar ao resto do equipo.
Benvida, Audrey!!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

22/07/2020

El Progreso e o Arenal Emevé

Filed under: Novas — admin @ 16:32

El Progreso de lugo e o ARENAL EMEVÉ renovan o seu compromiso para a vindeira tempada.
A Presidenta de Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro, e a Presidenta do noso Club, Bibí Bouza, firmaron este mércores o convenio de colaboración para a vindeira campaña.

Miguel Paradela e Candela López nas Xornadas de tecnificación da RFEVB

Filed under: Cadetes,Ligas Galegas,Novas,Selección Nacional — admin @ 00:17

Miguel Paradela Cortón

Candela López Méndez

Nova convocatoria para as Concentracións de Tecnificación de Voleibol da RFEVB, e novamente con presenza d@s nos@s canteiráns entre @s convocad@s.
CANDELA LÓPEZ e MIGUEL PARADELA estarán na devandita Concentración, que terá lugar en Guadalajara do 26 de Xullo ao 9 de Agosto. Ambos, con contrastada experiencia nas Categorías inferiores da Selección Española, son xa habituais neste tipo de citas.

Unha paréntese nas súas vacacións que, sen dúbida, farán con gusto para seguir crecendo neste deporte.
Parabén a ambos!!
ARENAL EMEVÉ, MEDRANDO XUNT@S

20/07/2020

AVES DE PRESA: ESTAMOS Á ESPREITA

Filed under: Ligas Galegas,Novas — admin @ 16:41

Nunha tempada de cinema, como a que nos espera, está película manteranos enganchados ata o final.
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
«Aves de presa: seguimos á espreita».
Un grupo de xogadoras de volei ven como un virus apocalíptico paraliza o mundo e lles impide cumprir o seu soño, ser Campioas de España Xuvenís, nunha tempada na que sentían preparadas e tiñan moitas opcións.
Lonxe de abandonar, o grupo loita, adestra e esfórzase para volver ao seu obxectivo a próxima tempada.
Unha historia de decepción e superación individual e colectiva, ¿cal será o final?
Non o perdas!!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

19/07/2020

JUAN VILLAR EN LUGO DEPORTE

Filed under: Novas — admin @ 17:03

A revista Lugo Deporte, revista especializada no deporte local, volve facerse eco da realidade do Arenal Emevé. Nesta ocasión cunha entrevista ao noso Director Deportivo, Juan Villar, na cal fala do proceso de elaboración dos planteis desta próxima tempada, na que ambos os equipos militarán na máxima categoría.

Non vos perdades a entrevista, e se queredes estar decatados de todo o deporte local non deixedes de ler LugoDeporte.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

16/07/2020

Animad@s con Total Sport

Filed under: Liga Iberdrola,Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 17:09

Grazas ao acordo de colaboración alcanzado con TOTAL SPORT, empresa lucense especializada en animación, lecer e tempo libre; esta tempada estará máis animada que nunca.
Total Sport encargarase de amenizar os actos, festas … que se organicen desde o club, ademais de moitas outras sorpresas que iredes descubrindo aos poucos.
Se ademais es soci@ do Arenal Emevé non o dubides e conta con Total Sport para os teus eventos, ademais de gozar d@s mellores profesionais do sector, faralo coas mellores condiciones grazas ao desconto para @s nos@s soci@s.
ARENAL EMEVÉ E TOTAL SPORT, DIVERSIÓN GARANTIDA!!

14/07/2020

Mario Dovale saúdanos dende Guadalajara.

Filed under: Selección Nacional,Super Liga Masculina 1 — admin @ 18:42

 

MARIO DOVALE envía un afectuoso saúdo a toda a familia do ARENAL EMEVÉ, desde a Concentración que a Selección Española de Voleibol está a levar a cabo en Guadalaxara.

Imos RedLinxes, a por todas!!
Imos Mario!!

Older Posts »

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies