AVES DE PRESA: ESTAMOS Á ESPREITA

Nunha tempada de cinema, como a que nos espera, está película manteranos enganchados ata o final.
ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
«Aves de presa: seguimos á espreita».
Un grupo de xogadoras de volei ven como un virus apocalíptico paraliza o mundo e lles impide cumprir o seu soño, ser Campioas de España Xuvenís, nunha tempada na que sentían preparadas e tiñan moitas opcións.
Lonxe de abandonar, o grupo loita, adestra e esfórzase para volver ao seu obxectivo a próxima tempada.
Unha historia de decepción e superación individual e colectiva, ¿cal será o final?
Non o perdas!!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

JUAN VILLAR EN LUGO DEPORTE

A revista Lugo Deporte, revista especializada no deporte local, volve facerse eco da realidade do Arenal Emevé. Nesta ocasión cunha entrevista ao noso Director Deportivo, Juan Villar, na cal fala do proceso de elaboración dos planteis desta próxima tempada, na que ambos os equipos militarán na máxima categoría.

Non vos perdades a entrevista, e se queredes estar decatados de todo o deporte local non deixedes de ler LugoDeporte.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Animad@s con Total Sport

Grazas ao acordo de colaboración alcanzado con TOTAL SPORT, empresa lucense especializada en animación, lecer e tempo libre; esta tempada estará máis animada que nunca.
Total Sport encargarase de amenizar os actos, festas … que se organicen desde o club, ademais de moitas outras sorpresas que iredes descubrindo aos poucos.
Se ademais es soci@ do Arenal Emevé non o dubides e conta con Total Sport para os teus eventos, ademais de gozar d@s mellores profesionais do sector, faralo coas mellores condiciones grazas ao desconto para @s nos@s soci@s.
ARENAL EMEVÉ E TOTAL SPORT, DIVERSIÓN GARANTIDA!!