A Xunta de Galicia có Arenal Emevé.

Hoxe ás 10:30 na chaira do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo tivo lugar o acto de Presentacion do Material co que, varios equipos de Lugo, fomos beneficiarios da Subvención de Equipamento Deportivo.
No acto estiveron presentes D. José Ramón Lete (Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia) , D. Javier Arias (Delegado da Xunta en Lugo) e D. Manuel Otero «Cadramón» (Xefe de Servizo de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo). En representación do club acudiron vari@s #loitadores e #loitadoras , ademais dos membros da Directiva.
No noso caso foi presentada a nova furgoneta adquirida para facer un pouco máis cómodos os desprazamentos d@s nos@s xogador@s, tanto dos primeiros planteis como da nosa policanteira.
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕𝐄, 𝐏𝐎𝐃𝐄𝐑 𝐋𝐔𝐂𝐄𝐍𝐒𝐄

Jose Valle, outra tempada máis no Arenal Emevé.


𝐑𝐄𝐍𝐎𝐕𝐀𝐂𝐈Ó𝐍

𝐉𝐨𝐬𝐞 𝐕𝐚𝐥𝐥𝐞  será unha tempada máis o 𝐗eneral que dirixa ás nosas tropas de 𝙡𝙤𝙞𝙩𝙖𝙙𝙤𝙧𝙖𝙨 nas duras batallas que nos esperan, a próxima tempada, na nosa particular «Superliga da Xustiza».
Ninguén mellor que unha persoa da casa, alguén que coñece este club como ninguén, alguén que nos leva acompañando máis de 20 anos, alguén da » familia»…. Ninguén mellor que Jose para consolidar este ilusionante proxecto.
𝘼 𝙥𝙤𝙧 𝙩𝙤𝙙𝙖𝙨 𝙅𝙤𝙨𝙚!! 𝘼𝙊 𝘼𝙏𝘼𝘼𝘼𝙌𝙐𝙀𝙀!!
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕É, 𝐀 𝐒𝐔𝐏𝐄𝐑𝐋𝐈𝐆𝐀 𝐃𝐀 𝐗𝐔𝐒𝐓𝐈𝐙𝐀

 

Yael Castilione, nova loitadora do Arenal Emevé.

Yael Castiglione nova 𝙡𝙤𝙞𝙩𝙖𝙙𝙤𝙧𝙖 do Arenal Emevé.
A 𝘊𝘰𝘭𝘰𝘤𝘢𝘥𝘰𝘳𝘢 𝘈𝘳𝘨𝘦𝘯𝘵𝘪𝘯𝘢 convértese así na primeira fichaxe do equipo feminino para afrontar unha nova tempada na Liga Iberdrola.
Internacional con Arxentina, coa que competiu en Olimpíadas, Campionatos Suramericanos, Grand Prix, Mundiais… e perfecta coñecedora do voleibol europeo, no que xogou e gañou cos mellores equipos do continente.
Tras dúas tempadas na Superliga de Brasil, onde reapareceu despois de converterse en mamá, recala agora no noso club, da mán de ME Sports Agency [Marcus Ferraz Eloe] para unha nova aventura europea.
Non podemos manifestar con palabras o orgullo que sentimos de ter entre as nosas #loitadoras a unha lenda viva do voleibol mundial.
𝘽𝙚𝙣𝙫𝙞𝙙𝙖 𝙖 𝙩ú𝙖 𝙘𝙖𝙨𝙖, 𝙔𝙖𝙚𝙡!!!!
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕É, 𝐀 𝐒𝐔𝐏𝐄𝐑𝐋𝐈𝐆𝐀 𝐃𝐀 𝐗𝐔𝐒𝐓𝐈𝐙𝐀