Victorias nos dous torneos: SF2 e SVM

Fin de semana de vitorias para @s nos@s #loitadores e #loitadoras .
As nosas mozas impuxéronse a Voleibol RGCC no partido celebrado onte no Municipal, e que resultou moi igualado e entretido.
Os mozos, pola súa banda, adxudicáronse o XVII Trofeo Concello de San Sadurniño, impoñéndose no primeiro partido a Boiro Voleibol e gañado a final ó Club Deportivo Aldebarán San Sadurniño , que se impuxera ó Club Voley Dumbría SM 2 no seu primeiro partido.
Grazas ó Concello de San Sadurniño e o clube polo gran Trofeo que organizaron e polo excelente trato recibido. 👏👏👏👏👏
ARENAL EMEVE, LOITANDO XUNT@S !!!

Una respuesta a «Victorias nos dous torneos: SF2 e SVM»

  1. Pingback: Victorias nos dous torneos: SF2 e SVM – Deporte Galicia