Matthew Knigge. Septeto idela SVM.

Por primeira vez esta tempada temos a un dos nosos loitadores no «7 IDEAL DA SUPERLIGA DE VOLEIBOL MASCULINO»,o noso central MATTHEW KNIGGE foi o mellor da pasada xornada na súa posición, o que lle vale para entrar no equipo ideal da semana. Un éxito para Matt, pero tamén para os seus compañeiros de equipo e para toda a xente que o pasado sábado estaba no Municipal levando polo aire ao equipo cara á vitoria e a Matt cara a este merecido recoñecemento.
Estamos seguros de que, se tod@s seguimos con esta intensidade, non será a última vez que os nosos xogadores reciban este recoñecemento.
FELICIDADES MATT, SEGUE ASÍ 👏👏👏👏👏👏

Los comentarios están cerrados.