HEROÍNAS DENTRO E FÓRA DA PISTA

Tres xogadoras do noso club dan caza a un ladrón no centro de Lugo.
O delincuente tentou atracar un bar no centro de Lugo, pero saíu correndo ao ver que había un cliente no interior. O cliente saíu correndo detrás do ladrón gritando en busca de axuda. Ao seu rescate acudiron tres xogadoras do noso equipo de SF-2 que se atopaban nun local próximo, tras unha curta persecución lograron alcanzar e reducir ao malfeitor ata a chegada da Policía.

Pincha aquí para ler a noticia de La Voz de Galicia.
Un acto arriscado que pon de manifesto o valor e a gran calidade humana das nosas #loitadoras.
ARENAL EMEVÉ, AO SEU SERVIZO 🏐👮

Una respuesta a «HEROÍNAS DENTRO E FÓRA DA PISTA»

  1. Pingback: HEROÍNAS DENTRO E FÓRA DA PISTA – Deporte Galicia