ARENAL EMEVÉ é de Superliga 1 por partida dobre.

Por fin é oficial, o ARENAL EMEVÉ é de SUPERLIGA por partida dobre.
Tras confirmarse o ascenso das nosas #loitadoras á máxima categoría, convertémonos no único club de Voleibol de España con representación en Superliga Masculina e Feminina.
Este estraño feito é un éxito, non só de xogadores e xogadoras, senón tamén de soci@s e afeccionad@s, administracións e patrocinadores; a tod@s GRAZAS.
E grazas moi especialmente a ArenalPerfumerías , sen cuxo apoio isto non sería posible; xa que nos deu o impulso necesario para dar un salto cualitativo, non só a nivel planteis senón a nivel club.
Agora toca gozar do momento, sentir que por fin tocamos as estrelas e que o noso soño, o soño de tod@s xa é realidade.
ARENAL EMEVÉ, SIIIIIIIIIIIÍ 💪💪💪

Una respuesta a «ARENAL EMEVÉ é de Superliga 1 por partida dobre.»

  1. Pingback: ARENAL EMEVÉ é de SUPERLIGA 1 por partida dobre. – Deporte Galicia