Recepción da Deputación de Lugo ao equipo feminino.

RECEPCIÓN NA DEPUTACIÓN
Hoxe o Arenal Emevé tivo a honra de asistir, na Deputación de Lugo, a unha recepción polo ascenso das nosas
#loitadoras á Superliga Feminina de Voleibol (Liga Iberdrola).
D. Efrén Castro, Deputado de Deportes, recibiu a unha delegación do noso club formada pola directiva e parte das xogadoras que conseguiron o ascenso á máxima categoría do voleibol nacional.
Desde o club queremos dar as grazas pola deferencia e prometemos seguir loitando para que o voleibol lucense siga representado na elite do voleibol español.
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!

Una respuesta a «Recepción da Deputación de Lugo ao equipo feminino.»

  1. Pingback: Recepción da Deputación de Lugo ao equipo feminino. – Deporte Galicia