ARENAL EMEVÉ PRODUCTIONS presenta:
«Arenal Emevé: Marta Otero»
ARGUMENTO: Tras varios anos concentrada no » inframundo» da Permanente, onde desenvolveu as súas habilidades rodeada de seres extraordinarios con aptitudes sobrenaturais, Marta regresa ao mundo real.
No seu regreso, Marta únese a un grupo de #loitadoras de elite, onde se reencontra con algunhas compañeiras chegadas desde a Permanente. Ao seu lado loitarán as estrelas locais e outras chegadas de todo o país e parte do estranxeiro, para tentar converterse no mellor equipo de voleibol xamais visto sobre o Municipal. ¿Acompáñalas?
Seguide comentando nas nosas RRSS se creedes coñecer a película orixinal.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA