Pino Chao regresa ao Arenal Emevé.


𝐏𝐈𝐍𝐎 𝐂𝐇𝐀𝐎 𝐑𝐄𝐆𝐑𝐄𝐒𝐀 𝐀 𝐂𝐀𝐒𝐀 Ninguén mellor que alguén da casa para facerse cargo do noso ben máis prezado, a policanteira.

Tras unha dilatada experiencia como xogadora e tamén como adestradora, tanto fora como dentro do noso club, onde chegou a ser tamén Speaker, Pino regresa como 𝐂𝐨𝐨𝐫𝐝𝐢𝐧𝐚𝐝𝐨𝐫𝐚 𝐝𝐞 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 e 𝐀𝐝𝐞𝐬𝐭𝐫𝐚𝐝𝐨𝐫𝐚 dalgún equipo de base.
Unha fichaxe de luxo e de futuro, que mostra, ben ás claras, a intención do club de dar un novo impulso a unha poderosa canteira e de seguir medrando dende a súa base.
𝐁𝐞𝐧𝐯𝐢𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐧𝐨𝐯𝐨, 𝐏𝐢𝐧𝐨!!!!

 

Una respuesta a «Pino Chao regresa ao Arenal Emevé.»

  1. Pingback: Pino Chao regresa ao Arenal Emevé. – Deporte Galicia