Patricia Aranda, xogadora do Arenal Emevé

A sede central de Arenal Perfumerías en Lugo foi o lugar elixido para a presentación da estrela do volei español Patricia Aranda.
Nun acto no que estivo acompañada por Rubén López, Manager Xeral do Arenal Emevé, e por Rafa Marzán, CEO de Arenal Perfumerías; Patricia adiantou a súa intención de meter ao equipo nas Finais de Copa e Superliga Feminina.
Coa súa experiencia e calidade, e rodeada dalgunhas das súas compañeiras de Selección Española e doutras xogadoras novas cun enorme potencial, Patricia dispoñerá de moitos ingredientes para cociñar unha tempada histórica para este club.
Benvida á túa nova casa, á túa nova familia !! 🙌

Una respuesta a «Patricia Aranda, xogadora do Arenal Emevé»

  1. Pingback: Patricia Aranda, xogadora do Arenal Emevé – Deporte Galicia