Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

13/11/2014

CONVOCATORIA DE TODO O CLUB

Filed under: Novas — admin @ 22:36

presentación_tempada_201_2014

 

 

ACTO DE PRESENTACIÓN DOS EQUIPOS DO CLUB VOLEIBOL EMEVE DE LUGO TEMPADA 2014-2015

Este sábado, 15 de novembro, a partir das catro da tarde celébrase no Pavillón Municipal de Lugo, o acto anual de presentación de todos os equipos do C.V. Emeve.

Polo Pavillón desfilarán todas as categorías deste club lucense, dende os prebenxamíns ata os equipos participantes na categoría superior deste deporte, a Superliga, así como todos os equipos técnicos, que estarán arroupados polas súas familias, equipo directivo e seguidores. Será a presidenta do club, Bibí Bouza, a encargada de pechar o acto no que estarán presentes representantes das institucións e empresas colaboradoras co club.

Esta presentación, que se fai anualmente, serve para homenaxear a todos os xogadores, técnicos, directivos e en xeral a todas aquelas persoas que dun xeito ou outra fan posible que o voleibol e máis concretamente o Emeve siga a súa andaina.

Ademais, este acto tamén será a plataforma para presentar o novo equipamento dos xogadores do club, que nesta xornada lles tocará lucir aos equipos participantes na Superliga, que este sábado disputarán os seus partidos na casa, despois desta presentación.

No hay comentarios

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies