CAMPAÑA TERRA MOVE

O Club Voleibol Emevé nacéu hai 45 anos na cidade de Lugo. A sua base de traballo son os nosos 35 equipos da Liga Escolar, dentro do programa Xogade, porque somos un club de formación que, a través do deporte, busca fomentar hábitos de vida saudable, pautar comportamentos e actitudes de compromiso e solidariedade, incidindo na importancia da disciplina e o respecto hacia un mesmo e hacia as persoas que nos rodean.

Dende o 2019 tamén contamos con un equipo de Voleibol Inclusivo, o noso mimado Emevé Volei IN con xogadores e xogadoras de capacidades especiáis, dos que cada día aprendemos cousas novas.

Xa a nivel de competición autonómica e estatal, contamos con 13 equipos en Ligas Galegas, con un equipo na Super Liga Iberdrola, outro na Super Liga M2 e outro máis na Primeira División Nacional Feminina.

A través do proxecto Terra Move, da Fundación Amare Terra, calquer particular, establecemento ou empresa pode axudarnos a continuar con estes obxectivos e levar o nome de LUGO e de GALICIA alén da nosa terra.

Podes facer doazóns desde 5€ hasta onde ti queiras [deducibles no IRPF] accedendo á páxina https://www.amareterra.org/terramove/05533593-d2dc-4c0e-804a-f41fc475f922 ou facendo clic na imaxe superior.

DEFENDENDO O NOSO.

A muralla do Municipal de Lugo

Con un xogo contundente e prácticamente sen fisuras, as nosas loitadoras venceron 3-0 a un potente rival e ascenden á cuarta posición da Liga Iberdrola, perseguindo o soño de acadar unha das prazas que clasifican para a vindeira edición da Copa da Raíña.

Duas loitadoras no 7 ideal da Liga Iberdrola

Rematada a quinta xornada, duas das nosas loitadoras; María Barrasa e Anne Claire Ter Brugge, foron designadas pola Federación como integrantes do septeto ideal da Liga Iberdrola. Tamén Amelia Porteiro foi a mellor receptora da xornada. O resultado acadado contra o Fundación Cajasol Andalucía leva ao noso equipo á cuarta posición da clasificación xeral.