Lautaro Barrionuevo chega ao Arenal Emevé

Versatilidade, experiencia e fame de competir 🔥
Lautaro Barrionuevo chega ao Arenal Emevé tras lograr o ascenso á máxima categoría do voleibol arxentino con UPCN. Internacional sub18, xogou tamén en Obras San Juan e CODEBA. Con 1,90 m e capacidade para xogar como receptor ou oposto, aportará intensidade e recursos ao equipo de Superliga 2.
🗣 José Valle destaca que “é un xogador versátil, con experiencia en contextos esixentes e moita marxe de mellora”.

Brais Del Coto incorpórase ao Arenal Emevé

Potencia, proxección e un currículo brillante aos 17 anos 🔥
Brais Del Coto incorpórase ao Arenal Emevé tras proclamarse subcampión do mundo sub17 con Arxentina e competir esta tempada coa selección sub19 e co Once Unidos. Cunha altura de 1,95 m e unha gran capacidade ofensiva, o receptor chega a Lugo para seguir medrando cos Loitadores.
🗣 José Valle destaca que “é un xogador cun perfil físico moi interesante e unha mentalidade de traballo que encaixa ben na nosa dinámica”.
@braisdelcoto

Tomás Zazo novo xogador do Arenal Emevé

O oposto abulense chega cedido do Grupo Herce Soria Voleibol para reforzar a primeira liña do equipo masculino na Superliga 2. Formado na permanente de Palencia e internacional sub22, recala en Lugo coa ambición de crecer e competir ao máximo nivel.
É fillo de Regina Miloserdova, mítica central que xogou os Xogos Olímpicos de Atlanta e fixo historia en clubs como o Murillo ou o Universidade de Burgos.
🗣 José Valle: “É un xogador con condicións extraordinarias, que vén disposto a traballar e a loitar por ter minutos.”
Con el, xa son cinco os reforzos confirmados para esta tempada. Imos construíndo un grupo novo, unido e cheo de ambición 💪🔴🔵

Talento internacional e moitas ganas de medrar

Alejandro Torres Pindado é novo xogador do Arenal Emevé!
Chega dende Vall d’Alba (Castelló) para reforzar a primeira liña dos Loitadores, nun equipo no que xa coñece a varios compañeiros como Mitoulis e Fofana, cos que compartiu traballo na permanente e na selección.
🔝 Polivalencia
🔄 Capacidade ofensiva
🏐 E un equipo no que crecer xuntos
Benvido ao Emevé!

Novo oposto no Arenal Emevé

Milos Mitoulis chega ao Arenal Emevé para seguir crecendo como xogador… e para facer crecer ao equipo!
Con só 18 anos e experiencia en Superliga, vén a Lugo co obxectivo de dar un paso adiante no seu xogo.
🔝 Polivalencia
💥 Potencia en ataque
🔄 E moitas ganas de ter minutos e responsabilidades!
💬 “É o momento de que teña protagonismo e axude ao equipo”, asegura o noso adestrador José Valle.

Novo reforzo para os Loitadores do Arenal Emevé

Incorporamos ao central Bandugu Fofana, un dos talentos emerxentes do voleibol español.
Con 2,04 metros de altura e experiencia en Superliga co Pamesa Teruel, chega a Lugo para sumar minutos e medrar co noso proxecto.
💪 Potencia física, proxección e ganas de traballar.
🏐 Internacional español en categorías inferiores, formouse na concentración permanente de Palencia.
Seguimos construíndo un equipo con presente e futuro!