Dende o C.V.Arenal EMEVE de Lugo lamentamos fondamente o pasamento da nosa Alcaldesa Dª Paula Alvarellos.
Acompañamos na dor á súa familia, e amigos neste momento tan duro.
Sempre nos mostrou o se apoio incondicional tanto o noso deporte como o noso clube.
Que a terra che sexa leve…
Dia moi triste…
Grazas por tanto e por todo Paula.

LUGO É DEPORTE

Lugo é deporte, e o voleibol é un gran exemplo do talento e da paixón que definen á nosa cidade.
Recibimos na Casa do Concello a Felipe Pascual, novo presidente da Real Federación Española de Voleibol , acompañado por José Ángel Luna, vicepresidente da entidade e presidente da Federación Galega de Voleibol . Un encontro para fortalecer lazos e seguir traballando para que Lugo siga sendo un referente neste deporte.
O Club Voleibol Emevé é único en España, con equipos masculino e feminino na máxima categoría, e contamos co Pavillón Municipal, sede de finais de competicións como a Copa da Raíña. Temos todo o necesario para seguir impulsando o voleibol e a nosa cidade!