
O sábado loitamos no partido máis importante… e non podes faltar!

Defendendo o noso voleibol



A nosa líbero pasa polo quirófano para unha intervención de menisco. Conta co apoio de toda a xente no soso Clube e seguro que moi pronto estará de novo na pistas. Imos, Clara!

Na xornada alevín celebrada na localideade ourensana de O Barco de Valdeorras, o Arenal Emevé participóu con 5 equipos femininos e con 2 equipos masculinos. Son o noso futuro.

Yael regresa a Lugo para sumar experiencia, carácter e identidade nun momento decisivo. Foi clave no subcampionato de Copa acadado polo noso Clube. Coñece a casa. Coñece o que significa competir aquí. Hai regresos que son máis ca un fichaxe. Son compromiso.
Benvida á túa casa, Yael


Reorganización na dirección do primeiro equipo feminino. Alberto Chaparro deixa de ser adestrador das Loitadoras. Foron meses de traballo intenso, compromiso e responsabilidade nunha tempada de máxima esixencia competitiva. O traballo queda. Queda o esforzo diario, a dedicación e a profesionalidade coa que asumiu esta etapa. Grazas por defendelo con honestidade e respecto.
Reforzamos a nosa estrutura neste tramo decisivo. Andrés Hurtado asumirá a dirección do primeiro equipo feminino ata final de tempada. Director de Vólei e responsable da nosa metodoloxía, coñece a casa, a filosofía e o grupo. Un paso coherente co modelo do club nun momento clave da competición. Seguimos traballando, xuntos, para competir ata o final.