Ao acabar cada tempada e analizala, fixámonos en datos tanxibles como o número de vitorias, os títulos alcanzados …Con todo, o que realmente merece a pena e nos fai seguir loitando cada día él o intanxible, as relacións que se xeran entre tod@s @s que formamos esta gran familia. E ver cómo estas relacións van máis aló do deporte.
Mostra diso foi a cea que as nosas loitadoras do Infantil IF2 e a súa adestradora Susana Cortegoso gozaron na Parrillada Abel.
Un momento de risas e confidencias para despedir a tempada e a categoría, antes do seu paso a cadetes.
Ata a próxima tempada mozas 👋
ARENAL EMEVE, MOITO MAIS QUE VOLEI
Aquivos por Categoría: Infantís
Comunicado: Suspéndense as actividades.
O Club Voleibol Emevé decidiu suspender todas as actividades deportivas (tanto competicións como adestramentos para todos os equipos ARENAL EMEVÉ ) desde hoxe Xoves día 12 de Marzo ata o Luns 23 de marzo, ante as recomendacións das Autoridades Sanitarias, así como o peche das instalacións deportivas.
Esperamos poder retomar a normalidade en breve.
Coronavirus-Comunicado
LIGA ESCOLAR ALVAREZ REAL . Xornada 6
Portada de A Canteira en El Progreso.
ÉXITO TOTAL NAS LIGAS GALEGAS
Chegamos ao final das ligas Galegas de Voleibol en categorías Infantil, Cadete e Xuvenil con grandes resultados para o noso club.
As nosas #loitadoras alcanzaron o primeiro posto nas tres categorías, mentres que os nosos #loitadores alzáronse co título na categoría cadete.
Ademáis tanto o noso Xuvenil Feminino como o noso Cadete Masculino contaron os seus partidos por vitorias, e cedendo só 7 e 3 sets respectivamente en todo o campionato.
Dificilmente poderiamos estar máis orgullos@s da nosa #policanteira .
Sodes moi grandes moz@s 👏👏👏
ARENAL EMEVÉ, FORMANDO ESTRELAS
Partidos Finde 15-16 Febreiro
El Progreso e Arenal Emevé: Campioas Copa España Infantil N2 e Marta Otero
No último
día do ano non podiamos faltar entre as noticias do diario El Progreso de Lugo.
Nesta ocasión fanse eco da fichaxe de Marta Otero e da proeza das nosas Infantís na Copa de España de Voleibol.
De todos os xeitos non deixedes de estar atent@s ás nosas RRSS, nunca se sabe en que momento saltará unha nova noticia.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S!!


