Xornadas de Portas abertas no Emevé. Anímate e ven!

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS ¿XOGAS AO VOLEI CON NÓS?
A partir do próximo venres 13 de Setembro, e nos días sucesivos, celebraremos novamente as nosas xornadas de portas abertas. Tod@s @s nen@s que o desexen poden probar as bondades deste precioso deporte sen ningún tipo de compromiso.
Quen sabe? Se cadra descubrimos ao novo #rafapascual ou á nova @anaescamilla10 .
Máis información no teléfono 600 406 299, no mail correo@emeve.com ou pásate polo “poli” o 13 ás 18:00, alí estaremos para recibirte cos brazos abertos.
XOGA VOLEIBOL…XOGA CO EMEVÉ!!!

Candala López 2005 de novo, convocada coa Selección Española U15.

CANDELA LÓPEZ novamente convocada coa Selección Española, esta vez coa U15.
Desde o día 21 e ata o próximo 28 Candela goza destes días coas súas compañeiras de Selección en Guadalaxara.
Unha nova oportunidade para seguir aprendendo, progresando e , sobre todo, gozando.
Dende o Clube só podemos mostrar o noso orgullo e agradecer a Candela o seu esforzo e dedicación; igualmente queremos dar grazas aos seus adestradores, grandes artífices do seu éxito.
IMOS CANDE, SEGUE ASÍ !!!

Cto de España U15 Volei Praia.

Comeza o Campionato de España de Voley Praia en Ėzaro, onde o noso Club estará representado polo Equipo Infantil Feminino (Sara Fernández, Candela Fernández, Uxía García e Uxía Cela).
Aínda que o día amenceu fresco e nubrado, as nosas mozas prometen subir a temperatura co seu xogo e tentarán alcanzar o sol, en forma de medalla de ouro. Gracias,  Juan Carlos polo moito que fixexhes para que isto fose posible.
IMOS MOZAS, A POR TODAS !!!!

Candela López Méndez nas xornadas de supervisión da RFEVB


Candela López ( Lugo 2005) formará parte das Xornadas de Supervisión e Control de categorías inferiores da selección española de Voleibol que se celebrarán en Soria dende o venres 31 de maio ao domingo 2 de xuño. O esforzo, a constancia e o traballo sempre dan os seus froitos. Noraboa @candelopezmendez a policanteira no máis alto