Chuchi Corbalán, interna _ cional arxentina únese ao Arenal Emevé

María da Paz ‘Chuchi’ Corbalán únese ao Arenal Emevé.
A oposta, Internacional e MVP 21-22 da Superliga Arxentina, vivirá a súa primeira experiencia fóra do seu país e chega con ganas de demostrar todo o seu potencial.
Traballo, intensidade e ambición son algunhas das características da que chega para ser a punta de lanza do ataque das #loitadoras .
Benvida Chuchi !! 👏

Emma Piqueras ao Arenal Emevé

EMMA PIQUERAS nova xogadora do Arenal Emevé.
Tras o seu paso por Caep Soria e CV Valencia, chega a Lugo como a primeira habitante da Academia do Volei que se poñerá en marcha está tempada, e desde a que seguirá cos seus estudos á vez que se incorpora ao equipo de Superliga para reforzar a posicion de líbero.
Benvida Emma!!

Mame DIOUF, renova có Arenal Emevé

MAME DIOUF seguirá sumando un ano máis a súa experiencia ao Arenal Emevé.
A central internacional senegalesa achegará a súa intensidade e veteranía a un plantel que a ve como un referente dentro e fóra da pista.
Este será o teu ano, Mame !!

Patricia Aranda, xogadora do Arenal Emevé

A sede central de Arenal Perfumerías en Lugo foi o lugar elixido para a presentación da estrela do volei español Patricia Aranda.
Nun acto no que estivo acompañada por Rubén López, Manager Xeral do Arenal Emevé, e por Rafa Marzán, CEO de Arenal Perfumerías; Patricia adiantou a súa intención de meter ao equipo nas Finais de Copa e Superliga Feminina.
Coa súa experiencia e calidade, e rodeada dalgunhas das súas compañeiras de Selección Española e doutras xogadoras novas cun enorme potencial, Patricia dispoñerá de moitos ingredientes para cociñar unha tempada histórica para este club.
Benvida á túa nova casa, á túa nova familia !! 🙌