LIGA IBERDROLA – Cambios na dirección técnica.

Reorganización na dirección do primeiro equipo feminino. Alberto Chaparro deixa de ser adestrador das Loitadoras. Foron meses de traballo intenso, compromiso e responsabilidade nunha tempada de máxima esixencia competitiva. O traballo queda. Queda o esforzo diario, a dedicación e a profesionalidade coa que asumiu esta etapa. Grazas por defendelo con honestidade e respecto.

Reforzamos a nosa estrutura neste tramo decisivo. Andrés Hurtado asumirá a dirección do primeiro equipo feminino ata final de tempada. Director de Vólei e responsable da nosa metodoloxía, coñece a casa, a filosofía e o grupo. Un paso coherente co modelo do club nun momento clave da competición. Seguimos traballando, xuntos, para competir ata o final.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.