Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

31/07/2019

Aitana Fernández segue no clube.

Filed under: Liga Iberdrola — admin @ 16:05

AITANA FERNÁNDEZ (1999) segue fiel ás cores da súa vida, as nosas.
A polifacética xogadora, capaz de xogar en calquera posición, e ademais facelo ben, é o comodín que calquera equipo desexaría ter. Pero: AITANA QUÉDASE ✌️!!!!!

30/07/2019

La gallega Inés Rivas ficha por el Emevé.

Filed under: Liga Iberdrola — admin @ 17:40

INĖS RIVAS (1998) chega para defender as nosas cores durante a próxima tempada.
Con experiencia en SF-2, sempre có Club Voleibol Zalaeta onde a última campaña quedou Campioa de Liga e xogou a fase de ascenso, ademais de disputar a Copa Princesa.
Asidua nas convocatorias da Selección Galega tanto en pista como en praia, un reforzo todoterreo que nos enche de ilusión.
DESEXANDO VERTE XA ENTRE NÓS, INĖS !!!

28/07/2019

Candala López 2005 de novo, convocada coa Selección Española U15.

Filed under: Infantís,Selección Nacional — admin @ 11:18

CANDELA LÓPEZ novamente convocada coa Selección Española, esta vez coa U15.
Desde o día 21 e ata o próximo 28 Candela goza destes días coas súas compañeiras de Selección en Guadalaxara.
Unha nova oportunidade para seguir aprendendo, progresando e , sobre todo, gozando.
Dende o Clube só podemos mostrar o noso orgullo e agradecer a Candela o seu esforzo e dedicación; igualmente queremos dar grazas aos seus adestradores, grandes artífices do seu éxito.
IMOS CANDE, SEGUE ASÍ !!!

25/07/2019

Feliz día de Galicia.

Filed under: Novas — admin @ 22:27

📅 25 JULIO 📅

Día do orgullo galego.
Día de mirar ao pasado e repasar a nosa historia.
Día de mirar ao futuro con esperanza.
Día de gozar da nosa cultura, a nosa lingua e os nosos costumes.
DÍA DE GALICIA !!!!!

Cto de España U15 Volei Praia.

Filed under: Campionatos de España,Infantís,Volei Praia — admin @ 22:22

Comeza o Campionato de España de Voley Praia en Ėzaro, onde o noso Club estará representado polo Equipo Infantil Feminino (Sara Fernández, Candela Fernández, Uxía García e Uxía Cela).
Aínda que o día amenceu fresco e nubrado, as nosas mozas prometen subir a temperatura co seu xogo e tentarán alcanzar o sol, en forma de medalla de ouro. Gracias,  Juan Carlos polo moito que fixexhes para que isto fose posible.
IMOS MOZAS, A POR TODAS !!!!

Luis Martín ficha por el Emevé SVM.

Filed under: Super Liga Masculina 1 — admin @ 22:19

LUÍS MARTÍN (1996) chega para reforzar o noso persoal de SVM a próxima tempada. Xogador cun impresionante currículo sendo Campión de España Cadete e Subcampión Xuvenil, tambien participou en varios Campionatos de España Universitarios quedando dúas veces Subcampión e sendo o actual Campión.
Sen dúbida, a fichaxe deste Oposto, faranos medrar como equipo.
BENVIDO LUÍS, DÁLLE DURO.

22/07/2019

Cto España Volei Praia Infantil: Candela F, Sara F, Uxía G. e Uxía C.

Filed under: Campionatos de España,Volei Praia — admin @ 16:00

O noso equipo Infantil de Voley Praia (Sara Fernández, Candela Fernández, Uxía García e Uxía Cela) clasificado para o Campionato de España en Ėzaro. Para nos isto representa un gran éxito xa que é unha modalidade non habitual no Club, moito máis centrado en pista.
Grazas ao esforzo destas mozas e dos seus adestradores ábrese un novo horizonte para o Emevé.

15/07/2019

Prata en Volei Praia U15. Candela Fdez e Sara Fdez

Filed under: Novas — admin @ 18:27

Novo éxito da nosa #policanteira.
A parella formada por Sara Fdez-Candela Fdez tráese outra medalla de prata do Torneo de
Volei-Praia de Sanxenxo, mesma posición que alcanzaron no Torneo de Ourense.
SODES MOI GRANDES, MOZAS !!!!!

Older Posts »

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies