Cto de España U15 Volei Praia.

Comeza o Campionato de España de Voley Praia en Ėzaro, onde o noso Club estará representado polo Equipo Infantil Feminino (Sara Fernández, Candela Fernández, Uxía García e Uxía Cela).
Aínda que o día amenceu fresco e nubrado, as nosas mozas prometen subir a temperatura co seu xogo e tentarán alcanzar o sol, en forma de medalla de ouro. Gracias,  Juan Carlos polo moito que fixexhes para que isto fose posible.
IMOS MOZAS, A POR TODAS !!!!

Luis Martín ficha por el Emevé SVM.

LUÍS MARTÍN (1996) chega para reforzar o noso persoal de SVM a próxima tempada. Xogador cun impresionante currículo sendo Campión de España Cadete e Subcampión Xuvenil, tambien participou en varios Campionatos de España Universitarios quedando dúas veces Subcampión e sendo o actual Campión.
Sen dúbida, a fichaxe deste Oposto, faranos medrar como equipo.
BENVIDO LUÍS, DÁLLE DURO.

Cto España Volei Praia Infantil: Candela F, Sara F, Uxía G. e Uxía C.

O noso equipo Infantil de Voley Praia (Sara Fernández, Candela Fernández, Uxía García e Uxía Cela) clasificado para o Campionato de España en Ėzaro. Para nos isto representa un gran éxito xa que é unha modalidade non habitual no Club, moito máis centrado en pista.
Grazas ao esforzo destas mozas e dos seus adestradores ábrese un novo horizonte para o Emevé.