Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

26/11/2020

Partidos Arenal Emevé finde 28-29 novembro 2020.

Partido Sábado 28 novembro

Filed under: Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 00:06

ATENCIÓN XOGAMOS
SÁBADO 28 Novembro
Pavillón Municipal de Deportes
16:30 SVM
 Guaguas As Palmas
Regresan a SVM ao Municipal, e regresan con restricións polo Covid.
Tras conseguir que as autoridades sanitarias aprobasen o noso protocolo de actuación, o aforo estará limitado a 50 persoas, polo que procederemos a realizar UN SORTEO entre as persoas que así o soliciten.
Lembra, para poder participar:
– Debes ser SOCI@ do club nesta tempada.
– Envía un mail solicitando as túas entradas a emevelugo@yahoo.es ANTES do próximo XOVES ás 12:00.
– No correo debes indicar todas as persoas que desexan asistir ( @s nen@s tamén, porque tamén contan para o aforo máximo). ❗ESTAS PERSOAS DEBEN DE PERTENCER TODAS Á UNIDADE FAMILIAR E SER CONVIVENTES. ❗
(De non ser así o mail non se terá en conta para o sorteo).
– No correo debes identificar a tod@s @s solicitantes con NOME, APELIDOS, DNI E N° DE TELÉFONO (en caso de nen@s indicar o teléfono dun dos seus pais).
– Tod@s aquel@s que non envíen o correo en FORMA e PRAZO NON poderán entrar no sorteo das entradas.
Novamente queremos dar GRAZAS pola COMPRENSIÓN e o APOIO recibidos.
Se tod@s poñemos un pouco de sentidiño, pronto acabaremos con esta nova «anormalidade».
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

24/11/2020

Arenal Emevé contra a violencia. Lugo en negro

23/11/2020

Uchenna Ofoha no septeto ideal da SVM.

Filed under: Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 22:30


ENTRADA NO 7 IDEAL
Repítese a fórmula do éxito: gran partido + vitoria + 7 Ideal da Xornada.
Uchenna Ofoha, cun excepcional partido en defensa e gran acerto en ataque, cóase por primeira vez no septeto ideal da Superliga.
Seguro que non será a última!!!!
Grande Uche, dálle duro!!
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

22/11/2020

Crónica Post-partido.

Filed under: Liga Iberdrola,Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 19:52

Por un pelo, iso foi o que nos faltou para conseguir un novo dobrete.
Tras a brillante vitoria dos nosos #loitadores , que se impuxeron con claridade nun completo partido; chegaba a quenda de que nosas #loitadoras tentasen emular a xesta. E vaia se o tentaron que case o conseguen. Nun bo partido, ante un dos ósos da liga, só a falta de sorte no Tie Break nos privou da vitoria.
Ao final da tarde, 4 puntiños de 6 posibles.
Nin tan mal.
SODES ENORMES!! 👏👏👏
Podes ler as crónicas completas en El Progreso de Lugo @elprogresodelugo , o teu diario de sempre.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

Día 22. O día de Cassie Bujan

Filed under: Liga Iberdrola,Novas — admin @ 19:48
Día 22
Día de Cassie Bujan

18/11/2020

Finde cheo de Voleibol do Arenal Emevé en todas as categorías.

16/11/2020

Carolina Camino MVP da Liga Iberdrola

Filed under: Liga Iberdrola,Novas — admin @ 23:57

Outra gran vitoria e outro MVP para o noso equipo. O gran partido das nosas #loitadoras en terras murcianas, conleva que Carolina Camiño consiga a honra de ser a mellor xogadora desta xornada. Dobrete de MVP’ S nunha fin de semana para lembrar. Grande Carolina, este é o camiño. 👏👏 ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Outra gran vitoria e outro MVP para o noso equipo.
O gran partido das nosas loitadoras en terras murcianas, conleva que Carolina Camiño consiga a honra de ser a mellor xogadora desta xornada.
Dobrete de MVP’ S nunha fin de semana para lembrar.
Grande Carolina, este é o camiño. 👏👏
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Grande Carolina, este é o camiño. 👏👏

ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

 

Older Posts »

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies