Club Voleibol Emeve Página sobre el Voleibol en Lugo y su cantera.

28/02/2021

As loitadora do Arenal Emevé, conseguen a permanencia na Liga Iberdrola.

Filed under: Liga Iberdrola,Novas — admin @ 10:44


Nunha fin de semana marcada pola disputa da Copa da Raíña, nunha fin de semana na que non disputamos ningún partido, nunha fin de semana na que @s nos@s rivais xogaron os seus partidos aprazados, confírmase matematicamente que 𝙨𝙚𝙧𝙚𝙢𝙤𝙨 𝙙𝙚 𝙎𝙐𝙋𝙀𝙍𝙇𝙄𝙂𝘼 𝙪𝙣𝙖 𝙩𝙚𝙢𝙥𝙖𝙙𝙖 𝙢á𝙞𝙨.
A falta un partido, e con varios duelos directos que decidirán cal dos tres últimos equipos clasificados se salva, os resultados de onte confírmannos como 𝙀𝙦𝙪𝙞𝙥𝙤 𝙙𝙖 𝙇𝙞𝙜𝙖 𝙄𝙗𝙚𝙧𝙙𝙧𝙤𝙡𝙖 para a próxima tempada.
Enorme traballo do club, desde a Directiva, pasando polo corpo técnico, todos os traballadores e voluntarios, ata esta novo e comprometido plantel. Entre tod@s conseguimos que, este modesto pero serio proxecto, se manteña na elite un ano máis.
Grazas a todos os patrocinadores, en especial a Arenal Perfumerías, porque grazas ao seu apoio este duro camiño faise un pouco máis levadío.
Grazas tamén á afección por seguir aí neste duro e atípico ano.
𝐂𝐇𝐄𝐆𝐀𝐌𝐎𝐒 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐐𝐔𝐄𝐃𝐀𝐑𝐍𝐎𝐒
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕É, 𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐂𝐈𝐍𝐄𝐌𝐀

23/02/2021

Marta Otero e Cassie Bujan no septeto ideal

Filed under: Liga Iberdrola,Novas — admin @ 23:09

𝓔𝓜𝓔𝓥𝓔 𝓝𝓔𝓦𝓢

𝐌𝐚𝐫𝐭𝐚 𝐎𝐭𝐞𝐫𝐨 e 𝐂𝐚𝐬𝐬𝐢𝐞 𝐁𝐮𝐣𝐚𝐧 tinguen coas cores do 𝐀𝐫𝐞𝐧𝐚𝐥 𝐄𝐦𝐞𝐯é as estatísticas das mellores xogadoras da semana.
Marta destaca entre as mellores receptoras e Cassie entre as mellores líberos. A súa extraordinaria achega individual, unida ao excelente partido realizado polo resto do plantel, fai que case podamos tocar o noso soño coa xema dos dedos.
Parabens mozas!! Só un esforzo máis.
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕É, 𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐂𝐈𝐍𝐄𝐌𝐀

Uchenna Ofoha no septeteo ideal.

Filed under: Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 22:11

𝐍𝐎𝐕𝐀 𝐄𝐍𝐓𝐑𝐀𝐃𝐀 𝐍𝐎 𝟕 𝐈𝐃𝐄𝐀𝐋
𝐔𝐜𝐡𝐞𝐧𝐧𝐚 𝐎𝐟𝐨𝐡𝐚 destaca, unha semana máis, como un dos mellores bloqueadores da Superliga. Ademais a súa achega en ataque faille merecedor de entrar no equipo ideal da xornada. Excepcional partido do central que axudou a conseguir unha importante vitoria.
Tamén destacou, como case sempre, 𝐁𝐫𝐚𝐧𝐝𝐨𝐧 𝐑𝐚𝐭𝐭𝐫𝐚𝐲 coándose entre os Máximos Anotadores e Mellores Atacantes.
Ben equipo, ben.
𝘕𝘖𝘙𝘈𝘉𝘖𝘈 𝘜𝘊𝘏𝘌!!
𝘕𝘖𝘙𝘈𝘉𝘖𝘈 𝘉𝘙𝘈𝘕𝘋𝘖𝘕 !!
𝘕𝘖𝘙𝘈𝘉𝘖𝘈 𝘌𝘘𝘜𝘐𝘗𝘖!!
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕É, 𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐂𝐈𝐍𝐄𝐌𝐀

21/02/2021

Arenal Emevé gaña á CV Algar Surmenor en Lugo.

Filed under: Liga Iberdrola,Novas — admin @ 23:19

Arenal Emevé vence a Almoradí a domicilio.

Filed under: Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 23:17

18/02/2021

Mario Dovale, o mellor líbero da xornada.

Filed under: Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 22:17


𝐍𝐎𝐕𝐀 𝐄𝐍𝐓𝐑𝐀𝐃𝐀 𝐍𝐎 𝟕 𝐈𝐃𝐄𝐀𝐋

Mario Dovale é, unha vez máis, o mellor líbero da xornada.
Unha xornada na que ademais, Brandon Rattray destaca entre os Mellores Atacantes e os Máximos Anotadores. Unha xornada na que tamén destacamos entre os mellores receptores con Chema Giménez no máis alto e Pau Mena no terceiro caixón.
A gran pregunta é: con estes bos números a nivel individual ¿porqué non somos capaces de puntuar na casa contra un equipo de «a nosa Liga»?
A seguir traballando, hai que salvarse como sexa, polo Civil ou polo Penal.
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕É, 𝐔𝐍𝐀 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐂𝐈𝐍𝐄𝐌𝐀

 

16/02/2021

Partido SVM. Porta pechada. Arenal Emevé- Textil Santanderina. 17 febreiro

Filed under: Novas,Super Liga Masculina 1 — admin @ 23:19


MÉRCORES 17 FEBREIRO
Pavillón Municipal de Deportes
17:30 SVM
TÉXTIL SANTANDERINA
https://youtu.be/-DQ1ujzQnhA

Mañá xogámosnola. Partido transcendental para os nosos intereses. Unha vitoria significaría un paso de xigante hacia o obxectivo da salvación. Pero en fronte teremos un duro rival que nos fará perder sangue, suor e bagoas na nosa busqueda dos tres puntos.
Como sempre, o partido poderá verse pola nosa canle de Youtube, coa excelente calidade e bo facer de LECER AUDIOVISUAL.
Necesitamos os vosos ánimos, aínda que sexa a distancia.
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕É, 𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐂𝐈𝐍𝐄𝐌𝐀

Lucía Prol, de novo no speteto idela da xornada da Liga Iberdrola.

Filed under: Liga Iberdrola,Novas — admin @ 13:59

𝓔𝓜𝓔𝓥𝓔 𝓝𝓔𝓦𝓢

Nova entrada no «Mellor Equipo da Xornada».
𝐋𝐮𝐜í𝐚 𝐏𝐫𝐨𝐥 novamente entre as 7 mellores xogadoras da xornada. Sempre entre as Mellores Atacantes e as Máximas Anotadoras, a «𝘍𝘪𝘭𝘭𝘢 𝘥𝘦 𝘉𝘳𝘦𝘰𝘨á𝘯» é unha asidua do equipo ideal de cada xornada.
O gran partido que callou todo o equipo en Menorca, coa guinda desta marabillosa actuación de Lucía, levounos a conseguir dous puntos nunha das canchas máis difíciles da liga Iberdrola.
𝘗𝘈𝘙𝘈𝘉𝘌𝘕𝘚 𝘌𝘘𝘜𝘐𝘗𝘖!!
𝘗𝘈𝘙𝘈𝘉𝘌𝘕𝘚 𝘓𝘜𝘊Í𝘈 !!
𝐀𝐑𝐄𝐍𝐀𝐋 𝐄𝐌𝐄𝐕É, 𝐔𝐍𝐇𝐀 𝐓𝐄𝐌𝐏𝐀𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐂𝐈𝐍𝐄𝐌𝐀

 

Older Posts »

Powered by WordPress

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información ‘aquí’. ACEPTAR
Aviso de cookies