COMUNICADO OFICIAL

Desde o Arenal Emevé lamentamos informar que non poderemos disputar o partido da última xornada en Melilla debido a un atraso no noso voo, que nos impediu chegar a tempo e deixounos sen opcións de viaxe para unha nova data viable.
Agradecemos a comprensión da nosa afección e o esforzo da RFEVB e do CV Melilla por tentar atopar unha solución. Non é o desenlace que queriamos, pero quedamos co esforzo e o compromiso dos nosos Loitadores en cada partido.
Despedímonos da Superliga Masculina, pero seguiremos traballando con ilusión e esforzo para devolver ao equipo á elite. Grazas polo voso apoio incondicional en cada partido. Voltaremos máis fortes!

Unha resposta a “COMUNICADO OFICIAL”

  1. Pingback: COMUNICADO OFICIAL – Deporte Galicia