¡¡ GRAZAS AINARA !!

Despois de toda unha vida vestindo a camisola do Emevé, os nosos camiños sepáranse. Ainara Burgo chegou ao club con só seis anos e, desde entón, foi moito máis ca unha xogadora: converteuse nunha referencia dentro e fóra da pista, un exemplo de compromiso, esforzo e paixón polo voleibol. Capitana, internacional e campioa, a súa pegada quedará para sempre no noso club.
Grazas por todo o que fixeches por esta familia. Desexámoste a mellor das sortes en todos e cada un dos retos que afrontes a partir de agora, tanto no persoal como no profesional. O Emevé sempre será a túa casa!

Unha resposta a “¡¡ GRAZAS AINARA !!”

  1. Pingback: ¡¡ GRAZAS AINARA !! – Deporte Galicia