


Esta fin de semana o Infantil e Alevín Masculinos veñen de proclamarse CAMPIÓNS DA COPA FEDERACIÓN
, revalidando os títulos logrados a tempada pasada.
O Alevín desfíxose en semifinais do CV Pontevedra para colarse na Final, na que gañaron con autoridade ó Cidade de A Coruña Calasancias.
O Infantil, pola súa parte, tras desfacerse do Cidade de A Coruña en semifinais, enfrentouse ó Boiro VB na Final na que cun contundente 3-0 os nosos miniloitadores lograron facerse novamente con esta Copa.
Fin de semana na que tamén se produxo a vitoria do XF2-COLEXIO SAN LORENZO no Torneo Apertura logo de dous trepidantes partidos, con Unha Vitoria por 3-1 para cada equipo, e que tivo que resolverse no Set de Ouro.
NORABOA A TOD@S!!!
Pingback: A Policanteira arrinca a tempada con forza!! – Deporte Galicia