Rematada a quinta xornada, duas das nosas loitadoras; María Barrasa e Anne Claire Ter Brugge, foron designadas pola Federación como integrantes do septeto ideal da Liga Iberdrola. Tamén Amelia Porteiro foi a mellor receptora da xornada. O resultado acadado contra o Fundación Cajasol Andalucía leva ao noso equipo á cuarta posición da clasificación xeral.













