Victoria na Liga Iberdrola

As nosas loitadoras gañan pola vía rápida (3-0) no Municipal de Lugo ao potente equipo Emalsa-Gran Canaria.

Trofeo Internacional Xunta de Galicia | Deporte Galego

O vólei volta a Lugo no Trofeo Internacional Xunta de Galicia | Deporte Galego 
Será os días 12, 13 e 14 de setembro no Pavillón Municipal de Lugo.
A entrada é gratuita.
Hoxe foi a presentación oficial na Delegación da Xunta de Galicia en Lugo coa presencia de Javier Arias, Elena Candia, Manuel Cadramón e Damián Carballo, acompañando á nosa presi Bibí Bouza.
SOMOS VÓLEI ❤️💙
Os equipos participantes son Club Voleibol Emevé | SC Braga Voleibol | Club Voleibol Alcobendas

Última peza do equipo

🏐 Renovación asegurada
💙 Canteirá e orgullo lucense
Clara Carreira consolida o seu posto no primeiro equipo do Arenal Emevé.
Internacional nas categorías inferiores de España e debutante en Superliga con 17 anos, afronta o seu primeiro ano xuvenil coa mesma garra e enerxía que a trouxeron ata aquí.
Pechamos a plantilla… e facémolo cunha da casa! 💪🔥