Con toda a emoción vivida o sábado esquecéusenos dar as grazas ás empresas que, coa súa colaboración, fixeron posible unha tarde de cinema.
DMANÁN, TOTAL SPORT, CUSTOMAKE E ARENAL, grazas a todos polo voso apoio e a vosa implicación persoal nesta festa do volei lucense.
SEN VÓS NON SERÍA POSIBLE !!
🔴🔵🏐💪
Aquivos por Categoría: Liga Zonal (Poli)
A tarde soñada
A TARDE SOÑADA
Sen dúbida a tarde de onte é das que dan sentido ao esforzo e ao traballo realizado toda a tempada, e ano tras ano por tod@s @s que pertencemos á familia Arenal Emevé, desde patrocinadores, directivos, adestradores, xogadores e xogadoras, traballadores e voluntarios do club, ata os sufridos pais e nais, e @s nos@s peques (noso maior tesouro).
Unha tarde onde vivimos a emoción de ver desfilar o noso futuro, onde xogamos e gañamos dous espectaculares partidos de volei, onde nos deixamos contaxiar pola festa e onde sentimos máis unidos que nunca. Hoxe, máis que de resultados, toca falar de sentimentos. Os futuros resultados serán mellores ou peores, pero sabemos que sempre estaredes aí.
Desde o club queremos darvos as grazas a tod@s por propiciar e participar deste gran ambiente.
SEN VÓS NADA TERÍA SENTIDO 
Galician Army se suma á festa do Arenal Emevé.
FESTA SEGURA NO MUNICIPAL CON GALICIAN ⭐ARMY
Que a tarde do sábado ía ser unha tarde inesquecible para os amantes do volei en Lugo era unha obviedade, pero coa confirmación destes craks a festa subirá moitísimo enteiros.
Como xa avanzamos a pasada noite na nosa Historia de Instragram, GALICIAN⭐ARMY serán os encargados de facer que o Municipal vibre en todos aqueles intres entre partidos.
Aproveitamos para lembrarvos a tod@s aquel@s que non sexades soci@s que PODEDES PASAR A RECOLLER AS VOSAS INVITACIÓNS, ENTRE HOXE E MAÑÁ, Á VOSA TENDA ARENAL MÁIS PRÓXIMA. Non vos esquezades, porque hai moitas máis sorpresas pero teredes que vir o sábado para descubrilas.
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S !!!
Invitación: Nas tendas Arenal para a presentación e partidos Sábado 16 Novembro.
GRAN FEST
A DA FAMILIA ARENAL EMEVÉ
O Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo acollerá este sábado 16 de Novembro desde as 16:00 horas a presentación oficial de todas as categorías do noso club desta tempada 19-20.
➡️16:00 Presentación Equipos Arenal Emevé
➡️17:30 Arenal Emevé SVM 🆚️ CV Melilla
➡️20:00 Arenal Emevé SF-2 🆚️ Volei Rivas
Ademais de gozar do mellor volei nacional do momento tamén teremos música, talleres, inchables, Photocall…
Esperámoste para a gran festa do volei lucense, non faltes, sen ti a nosa familia non está completa.
➡️RETIRA A TÚA INVITACIÓN, XOVES OU VENRES, NA TÚA TENDA ARENAL MAIS PRÓXIMA⬅️
ARENAL EMEVÉ, GOZANDO XUNT@S !!!
Loitamos contra o cancro de mama.
Hoxe no #díacontraocancrodemama queremos enviar todo o noso apoio a todas as persoas que loitan contra esta enfermidade, tanto a l@s enferm@s que a padecen como aos investigadores que buscan de forma incansable unha cura para esta secuela.
# súmatealRosa
ARENAL EMEVÉ, LOITANDO XUNT@S !!!

