Canteirás e loitadoras

Novamente, o noso equipo de Superliga, estará reforzado polas nosas xuvenís.
Un luxo para o equipo poder contar con estes tres reforzos, e un luxo para estas tres canteirás poder gozar outro ano máis da competición na máxima categoría do voleibol español.
Aproveitade a oportunidade e gozade da experiencia, aínda que o pareza, isto non é o habitual.
ARENAL EMEVÉ, UNHA TEMPADA DE CINEMA

Marta Otero, segue no Arenal Emevé na Liga Iberdrola.

Cando o 2019 chegaba ao seu fin, alá polo 30 de decembro, MARTA OTERO vinculaba o seu futuro ao noso. Do mesmo xeito que noutros casos, debido ás extraordinarias circunstancias acaecidas, non puidemos vela debutar coa nosa camiseta unha vez concluídas as súas obrigacións no Caep Soria e na Permanente da Selección Española, procedente do CV Calsancias de A Coruña.
Por iso, a Internacional Sub-19, decide renovar a súa aposta co noso club e promete recompensarnos cunha gran tempada.
Con Marta completamos o noso particular “Trío de Ouro” de Internacionais Sub-19.

Que apaixonante tempada nos agarda!!
Benvida de novo Marta. ⚔️

Carla Jiménez, nova loitadora do Arenal Emevé.

CARLA JIMÉNEZ (Central, 2002), outra das xoias da Concentración Permanente da Selección Española en Soria, e unha das xogadoras con máis proxección do momento, únese ás nosas filas para a próxima tempada, unha nova #loitadora .

A pesar da súa mocidade, alcanzará a maioría de idade nuns días, Carla conta moita experiencia na competición de alto nivel; e isto unido á súa altura, a súa calidade e a súa garra fan de Carla unha xogadora intimidante e diferencial na rede.
Carla, benvida á familia. ⚔️
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!

Carolina Camino será xogadora do Arenal Emevé na Liga Iberdrola.

O pasado 23 de Decembro, máis ou menos a tal hora, presentábase un gran reforzo para o noso grupo de #loitadoras; anunciábase a fichaxe de “A perla da Ribeira Sacra” CAROLINA CAMINO.
Carolina viña coa misión de, unha vez terminada a liga co seu equipo Caep Soria e o seu compromiso coa Permanente da Selección Española, reforzar os nosos equipos femininos Xuvenil e de Superliga2 nos Campionatos de España e Playoffs de ascenso respectivamente.
Lamentablemente esta situación que estamos a vivir impediunos poder gozar dela ata o momento. Por iso, Carolina e o club deciden renovar o seu compromiso para que tod@s podamos gozar desta incrible xogadora no seu hábitat natural, a Liga Iberdrola.
Grandes tardes de gloria nos esperan no Municipal.
Este ano si Carolina, este ano si. ⚔️
ARENAL EMEVÉ, DOBREMENTE SUPER!!

Portada de A Canteira en El Progreso.

ÉXITO TOTAL NAS LIGAS GALEGAS
Chegamos ao final das ligas Galegas de Voleibol en categorías Infantil, Cadete e Xuvenil con grandes resultados para o noso club.As nosas #loitadoras alcanzaron o primeiro posto nas tres categorías, mentres que os nosos #loitadores alzáronse co título na categoría cadete.
Ademáis tanto o noso Xuvenil Feminino como o noso Cadete Masculino contaron os seus partidos por vitorias, e cedendo só 7 e 3 sets respectivamente en todo o campionato.
Dificilmente poderiamos estar máis orgullos@s da nosa #policanteira .
Sodes moi grandes moz@s 👏👏👏
ARENAL EMEVÉ, FORMANDO ESTRELAS